11 nov 2016

O MAGOSTO NA NOSA ESCOLA!

O día 10 de novembro festexamos o MAGOSTO no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez
No comedor escolar, nenos/as e mestres/as gozamos dunha comida típica desta celebración: bolos preñados e castañas.
Posteriormente, acudimos ao patio do colexio, onde se fixo unha fogueira


Tamén asamos unhas castañas. Mirade!



Finalmente, os alumnos/as aproveitaron para pintar cun tizón a todos os que puideron! 
Pasárono moi ben!

Deixámosvos aquí uns vídeos relativos ao MAGOSTO (que ademais foron traballados nas aulas polos nenos/as de 1º e 2º de EP): 







25 oct 2016

CONTACONTOS

Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas, o noso centro contou coa presenza do profesor Xosé Carlos Caramés, quen narrou aos nenos e nenas de infantil e 1º de Educación Primaria un conto en galego chamado "O Chacal e o Ourizo", utilizando a técnica do KAMISHIBAI. O conto fíxonos reflexionar sobre a necesidade de eliminar condutas negativas, neste caso, de abuso.




Aos nenos/as gustoulles moito!

20 oct 2016

IV CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

Chegou o SAMAÍN á nosa escola!
Para festexalo, O Equipo de Dinamización da Biblioteca organizou o IV concurso "CONTOS DE MEDO"o alumnado escribirá unha historia terrorífica na que os protagonistas sexan as MASCOTAS DE VOZ NATURA! É dicir, MUNDOMAN e BELLI


Como Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaboremos nesta actividade revisando todos os contos elaborados polos nosos nenos e nenas. 

11 oct 2016

ECOMASCOTAS: gañadores!

E aquí estamos de novo, esta vez para ensinarvos os debuxos e lemas gañadores do concurso"Ecomascotas"!



"DÁLLE CARIÑO AOS ANIMALIÑOS"

AINHOA - 6º de Educación Infantil.




"COIDAMOS O PLANETA PORQUE NOS PETA"

AISSATOU - 5º de Educación Primaria.

PARABÉNS!


MUNDOMAN BELLI  (así é como decidimos chamarlles) quixeron saír dos debuxos para convertirse en bonecos. Agora, o Equipo de Dinamización da Biblioteca encomendoulles unha importante tarefa: visitar a través dunhas "mochilas viaxeiras" os fogares dos nosos nenos e nenas levando aos mesmos unha serie de "ecoconsellos" nun pendrive así como unha revista e un libro relacionados co coidado do medio ambiente. 

7 oct 2016

EXPOSICIÓN: "A ARTE NO OUTONO"

Cada curso representará mediante distintas técnicas unha obra de arte relacionada co outono nunha cartolina ou folio A3. Dende o EDLG suxerimos algunhas delas, aínda que tamén se poderán escoller outras relativas a esta estación. Tras a recreación das obras, realizaremos unha exposición no colexio das mesmas.
O obxectivo desta actividade é mergullarnos na temática do outono ao mesmo tempo que se produce un achegamento a este campo artístico.

A continuación mostrámosvos algunhas das obras propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega:


- "Nenos comendo uvas e melón"  de Bartolomé Murillo.

- "Os xirasois" de Vincent Van Gogh.
- "Retrato de Rodolfo II en traxe de Vertumno" de Giuseppe Arcimboldo. 
- "O outono" de Giuseppe Arcimboldo.
- "Bodegón" de Giuseppe Arcimboldo.
- "A árbore da vida" de Gustav Klimt. 

3 oct 2016

Ecomascotas!

Co obxectivo de concienciar ao alumnado do noso centro sobre o coidado do medio ambiente, propuxemos ao mesmo a creación individual dunha "ecomascota"; isto é, un debuxo e un lema relacionados co desenvolvemento de prácticas sostibles.
Na seguinte presentación podedes observar algúns dos debuxos elaborados polos nosos alumnos/as: 


Das "ecomascotas" deseñadas o EDLG elixirá dúas delas: unha en representación da etapa infantil e outra da etapa primaria. En breves mostrarémosvos cales son!

Ademais, as "ecomascotas" realizadas serán expostas en diferentes recunchos do noso centro. Por agora, mirade como van adornando os corredores do colexio!





Tamén colocaremos un "taboleiro verde" no que se irán colgando actividades, accións e decisións relativas ao coidado da natureza.

1 oct 2016

DEZ PASOS PARA REVITALIZARMOS O GALEGO

Facemonos aquí eco dunha campaña promovida, xa fai uns meses, pola Mesa Pola Normalización Lingüística  a que nos sumamos.
Nela promoven dez pasos "para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos"
"Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego"                 
(Mesa Pola Normalización Lingüística)

(Premede na imaxe para acceder á web da Mesa)

Tamén podedes ver estes pasos no seguinte video:



18 sept 2016

VOLTA AO COLE

Xa estamos aquí de novo para comezar o novo curso 2016-17. BENVIDOS TODOS E TODAS!!!

Esperamos seguir contando neste blog as nosas actividades e as novas que vaian xurdindo sobre a nosa lingua, así como temas e recursos que poidan ser de interese. 

E comezamos cunha nova que xurdiu o pasado mes de xullo, o anuncio feito pola Real Academia Galega: 

(Preme na imaxe para ler a nova na páxina da Real Academia Galega)

O escritor ourensá CARLOS CASARES, será o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017. 

Carlos Casares acordouse dos máis pequenos e escribiu tamén para eles, aquí tedes a súa obra infantil  e xuvenil para que empecedes a botarlle unha ollada:

  • «A galiña azul» (1968)
  • «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
  • «O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
  • «Lolo anda en bicicleta» (1996)
  • «O galo de Antioquía» (1994)
  • «Un polbo xigante» (2000)
  • «Este é Toribio» (1991)
  • «Toribio contra o profesor Smith» (1991)
  • «Toribio e o contador de contos» (1991)
  • «Toribio ten unha idea» (1992)
  • «Toribio revoluciona o tráfico» (1994).

23 may 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O xoves 19 de maio celebramos no colexio un pequeno festival con motivo da celebración do DÍA das LETRAS GALEGAS. Xirou en torno a figura de MANUEL MARÍA, escritor homenaxeado este ano.
Este foi o programa das actuacións:

  • E. Infantil 3 anos: O arco da vella (baile)
  • E. Infantil 4 anos: O caracol (canción)
  • E. Infantil 5 anos: A roda, roda (canción e baile)
  • E. Primaria 1º: O muíño (canción)
  • E. Primaria 2º: Rap das Letras Galegas (rap)
  • E. Primaria 3º : Lume novo (poema) e O Soñador (poema)  
  • E. Primaria 4º: O cuco (canción)
  • E. Primaria 5º : A fala (poema con música)
  • E. Primaria 6º: A emigración (poema), O can (poema) e Galicia (poema)

Na seguinte presentación podedes ver diversos momentos do mesmo:


Entre as diversas actuacións intercaláronse vídeos sobre a vida e obra de Manuel María e sobre algún dos seus poemas que foron musicados por diversos artistas.
Deixámosvos aquí dous deles para que sigades disfrutando coa obra do escritor da Terra Chá:




15 abr 2016

LETRAS GALEGAS 2016

 

17 DE MAIO,  DÍA DAS LETRAS GALEGAS





https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa 
Este ano, o autor  homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 será Manuel María Fernández Teixeiro, coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 6 de octubre de 1929 - La Coruña, 8 de septiembre de 2004) . Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns con actividades sobre a vida e obra  deste escritor. Preme na imaxe.











Poemas e recursos didácticos para traballar con Manuel María 

 http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/ 

 


No ánimo de seguirmos ofrecendo ao longo de todo o curso todo tipo de ferramentas que permitan o traballo didáctico nas aulas arredor da obra de Manuel María, achegamos agora información de novos recursos que xa temos dispoñíbeis na nosa páxina web: www.casamuseomanuelmaria.gal. Trátase, como todos os que xa fomos achegando nos últimos meses, de materiais de uso totalmente libre que compartimos na rede precisamente coa intención de que se aproveiten para o traballo complementario á lectura das obras do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.


 


A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á vosa disposición un espazo web específico con materiais e recursos didácticos para afondar na figura de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas


Xa está a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas, 2016 para infantil e primaria elaborado polo Seminario Galán. Na páxina do Seminario poderedes atopar actividades interactivas sobre Manuel María, actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía en PDF, fotos, biografías en lingua de signos...
A ligazón é a seguinte.