25 oct 2016

CONTACONTOS

Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas, o noso centro contou coa presenza do profesor Xosé Carlos Caramés, quen narrou aos nenos e nenas de infantil e 1º de Educación Primaria un conto en galego chamado "O Chacal e o Ourizo", utilizando a técnica do KAMISHIBAI. O conto fíxonos reflexionar sobre a necesidade de eliminar condutas negativas, neste caso, de abuso.




Aos nenos/as gustoulles moito!

20 oct 2016

IV CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

Chegou o SAMAÍN á nosa escola!
Para festexalo, O Equipo de Dinamización da Biblioteca organizou o IV concurso "CONTOS DE MEDO"o alumnado escribirá unha historia terrorífica na que os protagonistas sexan as MASCOTAS DE VOZ NATURA! É dicir, MUNDOMAN e BELLI


Como Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaboremos nesta actividade revisando todos os contos elaborados polos nosos nenos e nenas. 

11 oct 2016

ECOMASCOTAS: gañadores!

E aquí estamos de novo, esta vez para ensinarvos os debuxos e lemas gañadores do concurso"Ecomascotas"!



"DÁLLE CARIÑO AOS ANIMALIÑOS"

AINHOA - 6º de Educación Infantil.




"COIDAMOS O PLANETA PORQUE NOS PETA"

AISSATOU - 5º de Educación Primaria.

PARABÉNS!


MUNDOMAN BELLI  (así é como decidimos chamarlles) quixeron saír dos debuxos para convertirse en bonecos. Agora, o Equipo de Dinamización da Biblioteca encomendoulles unha importante tarefa: visitar a través dunhas "mochilas viaxeiras" os fogares dos nosos nenos e nenas levando aos mesmos unha serie de "ecoconsellos" nun pendrive así como unha revista e un libro relacionados co coidado do medio ambiente. 

7 oct 2016

EXPOSICIÓN: "A ARTE NO OUTONO"

Cada curso representará mediante distintas técnicas unha obra de arte relacionada co outono nunha cartolina ou folio A3. Dende o EDLG suxerimos algunhas delas, aínda que tamén se poderán escoller outras relativas a esta estación. Tras a recreación das obras, realizaremos unha exposición no colexio das mesmas.
O obxectivo desta actividade é mergullarnos na temática do outono ao mesmo tempo que se produce un achegamento a este campo artístico.

A continuación mostrámosvos algunhas das obras propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega:


- "Nenos comendo uvas e melón"  de Bartolomé Murillo.

- "Os xirasois" de Vincent Van Gogh.
- "Retrato de Rodolfo II en traxe de Vertumno" de Giuseppe Arcimboldo. 
- "O outono" de Giuseppe Arcimboldo.
- "Bodegón" de Giuseppe Arcimboldo.
- "A árbore da vida" de Gustav Klimt. 

3 oct 2016

Ecomascotas!

Co obxectivo de concienciar ao alumnado do noso centro sobre o coidado do medio ambiente, propuxemos ao mesmo a creación individual dunha "ecomascota"; isto é, un debuxo e un lema relacionados co desenvolvemento de prácticas sostibles.
Na seguinte presentación podedes observar algúns dos debuxos elaborados polos nosos alumnos/as: 


Das "ecomascotas" deseñadas o EDLG elixirá dúas delas: unha en representación da etapa infantil e outra da etapa primaria. En breves mostrarémosvos cales son!

Ademais, as "ecomascotas" realizadas serán expostas en diferentes recunchos do noso centro. Por agora, mirade como van adornando os corredores do colexio!





Tamén colocaremos un "taboleiro verde" no que se irán colgando actividades, accións e decisións relativas ao coidado da natureza.

1 oct 2016

DEZ PASOS PARA REVITALIZARMOS O GALEGO

Facemonos aquí eco dunha campaña promovida, xa fai uns meses, pola Mesa Pola Normalización Lingüística  a que nos sumamos.
Nela promoven dez pasos "para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos"
"Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego"                 
(Mesa Pola Normalización Lingüística)

(Premede na imaxe para acceder á web da Mesa)

Tamén podedes ver estes pasos no seguinte video: