15 abr 2016

LETRAS GALEGAS 2016

 

17 DE MAIO,  DÍA DAS LETRAS GALEGAS





https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa 
Este ano, o autor  homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 será Manuel María Fernández Teixeiro, coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 6 de octubre de 1929 - La Coruña, 8 de septiembre de 2004) . Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns con actividades sobre a vida e obra  deste escritor. Preme na imaxe.











Poemas e recursos didácticos para traballar con Manuel María 

 http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/ 

 


No ánimo de seguirmos ofrecendo ao longo de todo o curso todo tipo de ferramentas que permitan o traballo didáctico nas aulas arredor da obra de Manuel María, achegamos agora información de novos recursos que xa temos dispoñíbeis na nosa páxina web: www.casamuseomanuelmaria.gal. Trátase, como todos os que xa fomos achegando nos últimos meses, de materiais de uso totalmente libre que compartimos na rede precisamente coa intención de que se aproveiten para o traballo complementario á lectura das obras do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.


 


A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á vosa disposición un espazo web específico con materiais e recursos didácticos para afondar na figura de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas


Xa está a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas, 2016 para infantil e primaria elaborado polo Seminario Galán. Na páxina do Seminario poderedes atopar actividades interactivas sobre Manuel María, actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía en PDF, fotos, biografías en lingua de signos...
A ligazón é a seguinte.




14 abr 2016

DEPORTE..........EN GALEGO



 XORNADA DEPORTIVA.......EN GALEGO

No noso centro estase a levar a cabo unha campaña sobre o uso do galego no deporte. Leva por título "CANDO XOGO...EN GALEGO!!!”. Trátase de aprender o vocabulario específico dos deportes máis practicados por nós, en galego, e de usalo cando facemos deporte.
O gayo principal da actividade e fomentar o uso da lingua Galega. Para levar a cabo a actividade escollemos entre outros os seguintes deportes, os cales foron repartidos por cursos do seguinte xeito:

 

  • 3º PRIMARIA-XOGOS POPULARES.
  • 4ºA PRIMARIA-CICLISMO. 
  • 4ºB PRIMARIA-TENIS.
  •   PRIMARIA-FÚTBOL.
  • 6ºA PRIMARIA-BALONCESTO.
  • 6ºB PRIMARIA-ATLETISMO.

  
Cada titor e os seus alumnos traballan durante unha semana sobre o deporte que lle foi asinado e buscarán as palabras que se din en galego de forma diferente que en castelán. O resultado das palabras atopadas expóñense nun mural que está na entrada do colexio.
O mural cambiase todos os martes con vocabulario novo correspondente o deporte que toca nesa semana.
  
 Datas de exposición na entrada do colexio:

  PRIMARIA-FÚTBOL. (9/03/16- 14/03/16)
6ºA PRIMARIA-BALONCESTO. (15/03/16- 29/03/16)
4ºA PRIMARIA-CICLISMO. (29/03/16- 4/04/16)
4ºB PRIMARIA-TENIS. (05/04/16- 11/04/16)
3º PRIMARIA-XOGOS POPULARES. (12/04/16- 18/04/16)
6ºB PRIMARIA-ATLETISMO. (19/04/16- 25/04/16)

(19/04/16- 25/04/16) EXPOSICIÓN FINAL DE ATLETISMO, TRIATHLON, MONTAÑISMO E ANDAINAS.


Esta actividade rematará coa celebración o día 19 de abril do DÍA DO DEPORTE, con diferentes actividades lúdico-deportivas.

Como resultado final da actividade elaboramos un dossier coa recompilación de todo o vocabulario buscado por todos os cursos de xeito que cada titor vai traballar na súa aula o vocabulario de todos os deportes e non só o que lle foi asinado.
Esta é unha foto de como quedou o primero panel decorativo, (Fútbol). Na páxina principal do colexio están publicados videos de como van quedando o resto de murais.