XORNADA DEPORTIVA.......EN GALEGO
No
noso centro estase a levar a cabo unha campaña sobre o uso do galego no
deporte. Leva por título "CANDO XOGO...EN
GALEGO!!!”. Trátase de aprender o vocabulario específico dos deportes
máis practicados por nós, en galego, e de usalo cando facemos deporte.
O
gayo principal da actividade e fomentar o uso da lingua Galega. Para levar a
cabo a actividade escollemos entre outros os seguintes deportes, os cales foron
repartidos por cursos do seguinte xeito:
- 3º PRIMARIA-XOGOS POPULARES.
- 4ºA PRIMARIA-CICLISMO.
- 4ºB PRIMARIA-TENIS.
- 5º PRIMARIA-FÚTBOL.
- 6ºA PRIMARIA-BALONCESTO.
- 6ºB PRIMARIA-ATLETISMO.
Cada
titor e os seus alumnos traballan durante unha semana sobre o deporte que lle
foi asinado e buscarán as palabras que se din en galego de forma diferente que
en castelán. O resultado das palabras atopadas expóñense nun mural que está na
entrada do colexio.
O
mural cambiase todos os martes con vocabulario novo correspondente o deporte
que toca nesa semana.
Datas de exposición na entrada do colexio:
5º PRIMARIA-FÚTBOL. (9/03/16- 14/03/16)
6ºA
PRIMARIA-BALONCESTO. (15/03/16- 29/03/16)
4ºA
PRIMARIA-CICLISMO. (29/03/16- 4/04/16)
4ºB
PRIMARIA-TENIS. (05/04/16- 11/04/16)
3º
PRIMARIA-XOGOS POPULARES. (12/04/16- 18/04/16)
6ºB
PRIMARIA-ATLETISMO. (19/04/16- 25/04/16)
(19/04/16-
25/04/16) EXPOSICIÓN FINAL DE ATLETISMO, TRIATHLON, MONTAÑISMO E ANDAINAS.
Esta
actividade rematará coa celebración o día 19 de abril do DÍA DO DEPORTE, con
diferentes actividades lúdico-deportivas.
Como
resultado final da actividade elaboramos un dossier coa recompilación de todo o
vocabulario buscado por todos os cursos de xeito que cada titor vai traballar
na súa aula o vocabulario de todos os deportes e non só o que lle foi asinado.
Esta
é unha foto de como quedou o primero panel decorativo, (Fútbol). Na páxina
principal do colexio están publicados videos de como van quedando o resto de
murais.