24 FEBREIRO O DÍA DE ROSALIA
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, no noso centro decidimos renderlle unha pequena homenaxe recitando os seus poemas. Ademais estamos a traballar nas clases actividades relacionadas coa súa vida, obras, imaxes (as casas, monumentos, retratos..)
Dende o equipo de normalizacion da Lingua Galega colaboramos cos titores para adaptar os materiais e recursos os diferentes niveis de aula. Está programado elaboral un mural decorativo que lucirá nun dos corredores do colexio. Xa publicaremos como nos quedou..
Deixamos aquí enlaces e recursos para saber maís sobre Rosalia. (Preme nas imaxes)
POEMAS FEITOS CANCIÓN
Versión ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...para tódolos gustos!!!
karaoke da canción de Amancio Prada sobre o poema de Rosalía de Castro: repoludo gaiteiro
Animación realizada polos alumnos/as do obradoiro de educación Plástica,
IES AS BARXAS,MOAÑA. 1º premio no concurso Imaxina Cantares! na
categoría de Educación Secundaria Obrigatoria.
Animación en stop-motion dun poema de Cantares Gallegos de Rosalía de
Castro, realizada polo alumnado de primeiro de bacharelato, na
asignatura de TIC.