2 feb 2016

ENTROIDO 2016

Esta semana celebramos o ENTROIDO no colexio, unha das festas populares tradicionais e das máis antigas que se celebra na nosa comunidade, con especial significado na provincia de Ourense. 
No colexio, co fin de dar a coñecer todas as "personaxes" e máscaras típicas desta celebración na nosa provincia, elaboramos unha presentación moi visual (con fotos recollidas en internet) que ilustra moi ben cada un dos "entroidos" que se celebran nos distintos pobos ou vilas da provincia de Ourense. 
Botádelle unha ollada... coñecédelos todos??