28 feb 2018

DÍA DE ROSALÍA- 2018

Ao longo do mes de febreiro realizamos no centro distintas actividades para homenaxear á nosa poetisa ROSALÍA DE CASTRO:
- O alumnado participou na actividade denominada "#AbrideAFiestra", promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG): nun obradoiro dunha semana, os nenos e nenas de diferentes cursos elaboraron un mural coa biografía da escritora e varios murais cos seus poemas.
Este é o magnífico resultado:








- O 28 de febreiro os nenos e nenas de 6º B de Educación Primaria levaron a cabo un recitado de poemas de Rosalía de Castro, extraídos dos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.



















- Rosalía tamén estivo presente no traballo de aula. Un exemplo delo é o pequeno libro realizado polos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. Botade unha ollada:




20 feb 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 2018

Con motivo da celebración do día de ROSALÍA DE CASTRO, O 24 de febreiro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegamos materiais para traballar nas aulas:
- CEIP Nosa Señora das Dores. Recitan o poema rosaliano "Alborada" ao son da "Alborada de Rosalía de Castro": https://www.youtube.com/watch?v=AsT0PykRMIo&feature=youtu.be

- EDLG Do CEIP de Cervo: http://bibliocervo.blogspot.com.es/2018/02/24-de-febreiro-dia-de-rosalia-de-castro.html

- CEIP ADR Castelao de Rianxo. Presentación de Rosalía de Castro: http://www.authorstream.com/Presentation/bibliocastelao-3364256-presentaci-rosalia-de-castro/%C3%A7

- Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro. Información sobre a autora: http://rosalia.gal/

10 feb 2018

ENTROIDO 2018

Xa temos aquí o Entroido, e con el o MECO

























A semana do 5 ao 9 de febreiro seguimos as ordes do Meco:
Luns: deporte
Martes: pallaso
Mércores: persoal de limpeza
Xoves: praia

O venres cada curso disfrazouse dun oficio tradicional (panadeiros/as, leiteiros/as, labregos/as, carboeiros/as, lavandeiras e carpinteiros...).
Ordenadamente, baixamos ao patio do colexio e desfilamos. Logo gozamos do entroido con música e bailes.
As familias do alumnado acompañaronnos neste día máxico.


Pasámolo xenial!

1 feb 2018

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ- 2018

O 30 de xaneiro (DÍA DA PAZ) o alumnado acudiu ao patio do colexio para festexar este día.
Dous alumnos de 6º de primaria leron un manifesto a favor da paz na presenza dun cartel preparado para a ocasión. 
Logo, interpretamos varias cancións, entre elas "Latucada pola paz". Para elo, os nenos e nenas acompañaron a canción co son dunhas latas que decoraran previamente con motivos alusivos a esta celebración.
Pasámolo moi ben!



Ademais o alumnado pintou pombas da paz, pegándoas posteriormente sobre platos de plástico, os cales foron colgados:



Festexando tamén o Día da Educación Ambiental, realizamos unha actividade que leva por nome "A PAZ EN-CAIXA": decoramos caixas de cartón recicladas con debuxos e frases relativos á paz. Con elas fixemos un mural na entrada do colexio. Observade:


Máis preto...
(premer sobre as imaxes para amplialas)



 FERMOSO!