28 feb 2018

DÍA DE ROSALÍA- 2018

Ao longo do mes de febreiro realizamos no centro distintas actividades para homenaxear á nosa poetisa ROSALÍA DE CASTRO:
- O alumnado participou na actividade denominada "#AbrideAFiestra", promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG): nun obradoiro dunha semana, os nenos e nenas de diferentes cursos elaboraron un mural coa biografía da escritora e varios murais cos seus poemas.
Este é o magnífico resultado:








- O 28 de febreiro os nenos e nenas de 6º B de Educación Primaria levaron a cabo un recitado de poemas de Rosalía de Castro, extraídos dos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.



















- Rosalía tamén estivo presente no traballo de aula. Un exemplo delo é o pequeno libro realizado polos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. Botade unha ollada: