22 feb 2019

ENTROIDO 2019

Comezamos esta semana coa preparación do ENTROIDO, festa tradicional de gran arraigo en Galicia. Para iso no centro, ademais dos traballos que se realizarán en cada aula, facemos dúas actividades conxuntas: 
- O desfile de disfraces o vindeiro venres 1 de marzo que este ano terá como tema O BOSQUE ANIMADO, dado que no centro estamos a traballar, como xa sabedes, o proxecto anual integrado sobre os nosos bosques autóctonos o seu coidado e a súa conservación.
- As ordes do MECO que realizaremos ao longo da semana (os catro días previos ao desfile). 
E xa temos aquí os mandadiños do noso MECO que todos debemos procurar obedecer para que non se enfade connosco: 


31 ene 2019

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, no colexio realizamos distintos actos conxuntos, ademais das actividades que se traballaron nas distintas aulas. Destacamos aquí tres deles:
- A representación teatral da obra O BOSQUE DA PAZ, obra de Manuel Domínguez Gómez que unha das nosas compañeiras traduciu ao galego para a súa representación. Nesta obra destácanse valores como o respecto polo medio que nos rodea, os bosques e a natureza e a resolución dos conflitos dunha maneira pacífica. Enlazamos así co noso proxecto anual centrado no coidado dos nosos bosques autóctonos. 
MANIFESTO POLA PAZ, realizado polos nenos e nenas de 6º de primaria e que foi lido nun acto conxunto. 
QUE CHOVA A PAZ e a nosa ÁRBORE DA PAZ, murais con lemas alusivos ao desexo de paz no mundo, e chamadas á solidariedade, ao respecto polos demais e pola natureza.

Destacamos tamén un dos murales realizados polos pequenos e pequenas de 6º de infantil (5 anos):