23 dic 2016

FESTIVAL DE NADAL - 2016

Os días 20 e 21 de decembro celebramos no colexio o FESTIVAL DE NADAL
Familias e mestres gozamos das máxicas actuacións dos nenos e nenas; un espectáculo que queremos compartir con todos os que nos visitan neste blog. 
Esperamos que vos guste tanto como a nós! 

Educación Infantil



3 ANOS: "Na casa da miña avoa" - panxoliña





 






4 ANOS: "A miña tía" - coreografía













5 ANOS: "Nadal" - canción










Educación Primaria





1º EP: "El árbol de Navidad" - panxoliña










2º EP A/B: "Os 90" - baile









3º EP A/B: "Un desfile moi especial" - desfile e panxoliña







4º EP: "Capitán de madera" - panxoliña











5º EP A: "Celebrar la vida" - canción












5º EP B: "Watch me on dance" - coreografía















6º EP:

"Unha clase moi disparatada" - teatro


" Feliz Navidad te deseo cantando" - panxoliña













Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes das actuacións dos alumnos/as: 




QUEDAMOS ABRAIADOS COS NOSOS ARTISTAS! UN APLAUSO PARA ELES!

22 dic 2016

Exposición de POSTAIS DE NADAL - 2016

Os nenos e nenas do noso cole elaboraron unhas postais de Nadal ben fermosas en medio folio ou cartolina.
Tanto nos chistaron que decidimos colocalas na entrada do colexio. Observade! 





No seguinte vídeo achegámonos a estas postais aínda máis: 


13 dic 2016

CARTAS AO APALPADOR

En colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, suxerimos e animamos aos alumnos e alumnas do noso cole a participar no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR que terá lugar na Coruña este 31 de decembro.
Para resultar gañador/a ou gañadores, as cartas, escritas polos nenos e nenas, deberán reunir unha serie de condicións: ser enxeñosas, portadoras de valores positivos...


A tarefa do EDLG nesta actividade será a de revisar a correcta escritura en GALEGO das mensaxes enviadas polos nosos alumnos/as a esta tradicional figura: o Apalpador. 

Para saber máis sobre este CONCURSO facede clic aquí: http://www.apalpador.com/ 



Pronto coñeceremos o resultado!

12 dic 2016

Nadal: confección de ADORNOS para a ÁRBORE da ENTRADA.

As aulas de Educación Infantil do noso colexio quixeron vestir de Nadal a árbore da entrada, elaborando para ela uns adornos moi bonitos. 
Mirade!


MÁIS PRETO!



SACAMOS A LUPA...



11 dic 2016

Nadal: confección dunha ÁRBORE DE NADAL.

Aquí estamos de volta! Esta vez para mostrarvos a fermosa árbore de Nadal que creamos no CEIP Profesor Albino Núñez.
A árbore foi elaborada con botellas de plástico usadas, facendo deste xeito, unha homenaxe á reciclaxe.

Observade o bela que quedou...



Acercándonos un pouquiño podemos contemplar con máis detalle a súa decoración:



UNHA ÁRBORE DE NADAL BEN ORIXINAL!


5 dic 2016

Chegou o NADAL

Para celebrar o Nadal no noso colexio, o EDLG mais o de Extraescolares acordamos a realización das seguintes actividades:

1. Exposición de postais de Nadal:  cada neno/a elaborará unha postal en medio folio ou cartolina. Poderanse empregar todo tipo de técnicas e materiais.


2. Confección dunha árbore de Nadal: elaborada con botellas de plástico. Esta actividade proponse dende o equipo de VOZ NATURA, dado que este trimestre se traballa a reciclaxe do plástico.

3. Confección de adornos para a árbore da entrada: serán as aulas de Educación Infantil as encargadas da fabricación de ditos adornos.

4. Decoración das portas das aulas: con deseño relativo ao Nadal.

5. Festival de Nadal: terá lugar os días 20 e 21 de decembro.

Irémosvos ensinando o resultado de cada unha destas actividades.


BO NADAL A TODOS E A TODAS!