13 dic 2016

CARTAS AO APALPADOR

En colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, suxerimos e animamos aos alumnos e alumnas do noso cole a participar no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR que terá lugar na Coruña este 31 de decembro.
Para resultar gañador/a ou gañadores, as cartas, escritas polos nenos e nenas, deberán reunir unha serie de condicións: ser enxeñosas, portadoras de valores positivos...


A tarefa do EDLG nesta actividade será a de revisar a correcta escritura en GALEGO das mensaxes enviadas polos nosos alumnos/as a esta tradicional figura: o Apalpador. 

Para saber máis sobre este CONCURSO facede clic aquí: http://www.apalpador.com/ 



Pronto coñeceremos o resultado!