Para celebrar o Nadal no noso colexio, o EDLG mais o de Extraescolares acordamos a realización das seguintes actividades:
1. Exposición de postais de Nadal: cada neno/a elaborará unha postal en medio folio ou cartolina. Poderanse empregar todo tipo de técnicas e materiais.
2. Confección dunha árbore de Nadal: elaborada con botellas de plástico. Esta actividade proponse dende o equipo de VOZ NATURA, dado que este trimestre se traballa a reciclaxe do plástico.
3. Confección de adornos para a árbore da entrada: serán as aulas de Educación Infantil as encargadas da fabricación de ditos adornos.
4. Decoración das portas das aulas: con deseño relativo ao Nadal.
5. Festival de Nadal: terá lugar os días 20 e 21 de decembro.
Irémosvos ensinando o resultado de cada unha destas actividades.
BO NADAL A TODOS E A TODAS!