18 dic 2015

CHEGOU O APALPADOR...!!!



Festival de Nadal..

TEMOS UNHA COUSIÑA QUE CONTARVOS...

O NOSO COLEXIO CHEGOU O APALPADOR...SSSSSIIIIIIIIIIIIIIIIIII... os máis pequerrechos entregaronlle as súas cartas e peticións...foi un momento a verdade que moi emocionante!!!







... NÓS TEMOS O NOSO PROPIO APALPADOR...MIRADE AS IMAXES...JEJE...PENSO QUE NOS QUEDOU TAL CUAL....





4º DE INFANTIL














POSTAIS DE NADAL

  •  

     POSTAIS DE NADAL

    A día de hoxe xa temos o resultado do concurso Postais de Nadal. Nun dos corredores do colexio están expostas todas a postais. Organizadas por cursos. Tamén foi seleccionada a postal gañadora xa enviada como felicitación de Nadal a toda a Comunidade Educativa. Dende aquí parabéns a gañadora XIANA CORDERÍ JARDÓN, alumna de 2ºB.

     

     

    Aquí deixamos publicadas algunhas das fotos como RESUMO DA EXPOSICIÓN. As postais están organizadas por cursos.

     

     

     


     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    4º INFANTIL

     

     

     

     

     

     

     

     

     








     

     

  











 POSTAIS ORIXINAIS

 




 






 

  

 



MOITAS GRAZAS POR MOSTRAR O VOSO TALENTO

 


CONCURSO- EXPOSICIÓN POSTAIS DE NADAL

 

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de Dinamización da Lingua puxemos en marcha o concurso de Postais de Nadal e convidamos a todos os alumnos/as do centro a participar.

 

 As BASES do concurso explican o seguinte:

  • PARTICIPANTES: tódolos nenos e nenas do centro.

  • BASES: será a metade dunha cartolina tamaño A4. (  Escoller a cor que queiran).

  • MENSAXE DO TEXTO: en Galego. Todas levarán o nome correspondente do alumno/a e o curso.

  • TÉCNICAS E MATERIAIS: pódense empregar todo tipo de materiais e técnicas (pintura, collage, pegamento...) respetando sempre o formato.

  • ENTREGA: a data tope de entrega será o venres día 11 de Decembro 2015.

  • NOTA: as tarxetas premiadas editaranse no xornal escolar correspondente a este curso. Elixirase unha que será enviada como felicitación aos membros da comunidade educativa polo Nadal.

     

     TÓDALAS TARXETAS SERÁN EXPOSTAS NO COLEXIO

    GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

      

16 dic 2015


O NOSO COLEXIO VÍSTESE DE NADAL


Temos que dicir que o noso colexio está fermoso decorado de Nadal. Os mestres xunto cós alumnos/as traballaron moitísimo para facer que o Nadal sexa "Máxico"...que todos os nenos/as teñan ilusóns, desexos e sobre todo pensamentos positivos para eles a para o mundo que os rodea...

O equipo de Dinamización da Lingua súmase a decoración do colexio. Nun dos corredores luce así de bonito o noso mural de Nadal.  Onde explicamos con 6 palabras e un breve texto en que consiste o Nadal Galego. Así foi como nós quedou. Deixamos unhas fotos. Esperamos que vós gusten.







IMAXES DOS CORREDORES DE INFANTIL






DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



















AULA  6º DE INFANTIL




















7 dic 2015

 

Postais de felicitación de Nadal en galego 


Deixamos aquí dous enlaces para felicitares o Nadal en galego con postais electrónicas. Ben bonitiñas todas elas!!!!


«Ghalegho», o vídeo ideado en Rianxo que arrasa na Rede. 

 


A cinta foi realizada por Noelia Gómez, estudante de Xornalismo, en defensa e emprego da Lingua Galega e das súas peculiaridades: gheada e seseo.

 

 

 


Tecleando no buscador de Youtube oito letras, Ghalegho, un accede a un curioso e orixinal vídeo que, nos seus dous minutos de duración, chama a atención de principio a fin. Os protagonistas son catro mozos; os escenarios, fermosas paisaxes de Rianxo e Dodro; e o contido, a defensa do idioma galego en todos os eidos e con todas as súas peculiaridades, seseo e gheada incluídos. A cinta, ideada e dirixida por unha rianxeira que estuda Xornalismo en Santiago, está arrasando en Internet. 


Noelia Gómez é a autora deste vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». 


Para desenvolver a súa idea, contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de Dodro. Xunto coa propia Noelia; Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey póñenlle voz a situacións cotiás, coas que se atopan no seu día a día, e que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen disfraz algún. 


Miles de visitas


Pouco podían imaxinar Noelia Gómez e os seus colaboradores o éxito que ía acadar este traballo. En Youtube, onde foi colgado hai cinco días, tivo máis de sete mil visitas; pero en algunha páxina de Facebook, xa supera as dezasete mil. 


Os protagonistas deste traballo audiovisual están satisfeitos de poder espallar a súa mensaxe, ledos de chamarlle incultos «aos que se rin da nosa forma de falar», felices de poder dicirlle a miles de persoas que están «orghullosos» de falar a súa lingua, contentos de seren «ghaleghos» e de falar «ghalegho». 



4 dic 2015

 

XA FALTA MENOS PARA O NADAL!!!

 

Tal e como facemos sempre deixamosvos enlaces moi interesantes de recursos e actividades para estas próximas festas de Nadal.  (preme na imaxe)

 

 
 
 

http://materialprimaria.org/?cat=64