CONCURSO- EXPOSICIÓN POSTAIS DE NADAL
CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Dende o equipo de Dinamización da Lingua puxemos en marcha o concurso de Postais de Nadal e convidamos a todos os alumnos/as do centro a participar.
As BASES do concurso explican o seguinte:
PARTICIPANTES: tódolos nenos e nenas do centro.
BASES: será a metade dunha cartolina tamaño A4. ( Escoller a cor que queiran).
MENSAXE DO TEXTO: en Galego. Todas levarán o nome correspondente do alumno/a e o curso.
TÉCNICAS E MATERIAIS: pódense empregar todo tipo de materiais e técnicas (pintura, collage, pegamento...) respetando sempre o formato.
ENTREGA: a data tope de entrega será o venres día 11 de Decembro 2015.
NOTA: as tarxetas premiadas editaranse no xornal escolar correspondente a este curso. Elixirase unha que será enviada como felicitación aos membros da comunidade educativa polo Nadal.
TÓDALAS TARXETAS SERÁN EXPOSTAS NO COLEXIO
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN