31 ene 2015


O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senón que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e o universo, e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional.
A súa importancia non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración.
A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara a outros modos de vida. Por tanto, é un proceso integrador, pois podemos compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial que son parecidas ás doutros.
                        Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO (París, 2003)

O día 27 de xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º curso de primaria desprázaronse ata o Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación da obra "Na procura do tesouro", unha adaptación para nenos do cancioneiro tradiconal galego, representada polos Gaiteiros da Xistra (da Asociación folclórica gaiteiros da Xistra). 


A actividade conta como Xurxo, o protagonista, non cría nas lendas de mouros, pensaba que iso eran cousas de vellos... Unha noite, os cantos dunha moura espertárono e esta explicoulle  as probas que debería superar para conseguir o tesouro escondido nunha cova. A través desta representación músico - teatral escoitamos romances, o son das zanfonas, alalás, cantigas, refráns, e  coñecemos algúns seres míticos das lendas e contos galegos. 











"Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua"
                                                        (guías-didácticas.afundacion.org)


INSTRUMENTOS QUE UTILIZARON NA REPRESENTACIÓN: 

              ZANFONA                                             REQUINTA
VIOLÍN 


25 ene 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi.

Celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_paz/lim.swf?libro=dia_da_paz.lim" o amor é mellor que o odio
a non violencia mellor que a violencia
e a paz mellor que a guerra"
           (Vidal, 1972)