Dous alumnos de 6º de primaria leron un manifesto a favor da paz na presenza dun cartel preparado para a ocasión.
Logo, interpretamos varias cancións, entre elas "Latucada pola paz". Para elo, os nenos e nenas acompañaron a canción co son dunhas latas que decoraran previamente con motivos alusivos a esta celebración.

Pasámolo moi ben!
Ademais o alumnado pintou pombas da paz, pegándoas posteriormente sobre platos de plástico, os cales foron colgados:
Festexando tamén o Día da Educación Ambiental, realizamos unha actividade que leva por nome "A PAZ EN-CAIXA": decoramos caixas de cartón recicladas con debuxos e frases relativos á paz. Con elas fixemos un mural na entrada do colexio. Observade:
Máis preto...
(premer sobre as imaxes para amplialas)
FERMOSO!