30 DE XANEIRO
DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
Ao longo da semana do 25 ao 29 de xaneiro conmemoramos no centro o día da Paz. Nunha reunión previa con todo o profesorado decídese, de entre moitas propostas, que este ano imos facer de forma conxunta un gran panel decorativo para a entrada do colexio con símbolos propios da paz. Para rematar a decoración poremos tres bolas grandes de cor azul colgadas do teito, decoradas con debuxos alusivos a paz e feitos por todo o alumnado. Como parte da celebración ademais imos traballar con dúas cancións promotoras da paz, que serán cantadas por todos os alumnos no patio do colexio o día 29 de xaneiro. A primeira canción é do grupo JUANES, titúlase PAZ, PAZ, PAZ. A segunda, EL ROCK DE LA PAZ.
O equipo de dinamización da Lingua plantexa facer un mural decorativo para os corredores do colexio. Pensamos nunha mensaxe clara e directa que ademais incluise símbolos de paz. Así foi como nós quedou.
Tal e como facemos sempre, facilitamos no blogue de Galego enlaces web sobre recursos e actividades para traballar sobre a PAZ:
- PROPOSTAS DIDÁTICAS
- CONTOS PARA A PAZ
- PÁXINAS CON RECURSOS
- PRESENTACIÓNS
- XOGOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
- DEBUXOS E MANUALIDADES SOBRE A PAZ
- OUTROS RECURSOS
PREME NAS IMAXES