E aquí estamos de novo, esta vez para ensinarvos os debuxos e lemas gañadores do concurso"Ecomascotas"!
"DÁLLE CARIÑO AOS ANIMALIÑOS"
AINHOA - 6º de Educación Infantil.
"COIDAMOS O PLANETA PORQUE NOS PETA"
AISSATOU - 5º de Educación Primaria.
PARABÉNS!
MUNDOMAN e BELLI (así é como decidimos chamarlles) quixeron saír dos debuxos para convertirse en bonecos. Agora, o Equipo de Dinamización da Biblioteca encomendoulles unha importante tarefa: visitar a través dunhas "mochilas viaxeiras" os fogares dos nosos nenos e nenas levando aos mesmos unha serie de "ecoconsellos" nun pendrive así como unha revista e un libro relacionados co coidado do medio ambiente.