O día 10 de novembro festexamos o MAGOSTO no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez.
No comedor escolar, nenos/as e mestres/as gozamos dunha comida típica desta celebración: bolos preñados e castañas.
Posteriormente, acudimos ao patio do colexio, onde se fixo unha fogueira.
Tamén asamos unhas castañas. Mirade!
Finalmente, os alumnos/as aproveitaron para pintar cun tizón a todos os que puideron!
Pasárono moi ben!
Deixámosvos aquí uns vídeos relativos ao MAGOSTO (que ademais foron traballados nas aulas polos nenos/as de 1º e 2º de EP):