Xa estamos aquí de novo para comezar o novo curso 2016-17. BENVIDOS TODOS E TODAS!!!
Esperamos seguir contando neste blog as nosas actividades e as novas que vaian xurdindo sobre a nosa lingua, así como temas e recursos que poidan ser de interese.
E comezamos cunha nova que xurdiu o pasado mes de xullo, o anuncio feito pola Real Academia Galega:
(Preme na imaxe para ler a nova na páxina da Real Academia Galega)
O escritor ourensá CARLOS CASARES, será o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017.
Carlos Casares acordouse dos máis pequenos e escribiu tamén para eles, aquí tedes a súa obra infantil e xuvenil para que empecedes a botarlle unha ollada:
- «A galiña azul» (1968)
- «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
- «O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
- «Lolo anda en bicicleta» (1996)
- «O galo de Antioquía» (1994)
- «Un polbo xigante» (2000)
- «Este é Toribio» (1991)
- «Toribio contra o profesor Smith» (1991)
- «Toribio e o contador de contos» (1991)
- «Toribio ten unha idea» (1992)
- «Toribio revoluciona o tráfico» (1994).