Aproveitando a posta en marcha no noso centro do Proxecto Meteoescolas, propuxemos ao alumnado e ás súas familias a busca e aportación de un ou varios refráns ou ditos relacionados co tempo. Poderían estar escritos a man ou a ordenador nun folio. A lingua empregada sería o galego. Posteriormente, os nenos e nenas adornaríanos con ilustracións e pasarían a formar parte dunha exposición.
Pois ben, xa os temos connosco adornando a entrada do colexio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Meteoroloxía (23 de marzo). Observade!
Máis preto...
No seguinte vídeo mostrámosvos cada un destes refráns e ditos: