#RosalíaTe é unha iniciativa promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a cal ten por finalidade enaltecer a figura e obra de Rosalía de Castro cada 24 de febreiro (día do nacemento da escritora).
Este ano o alumnado de 6º de primaria participou na actividade proposta, que consistiu na realización dunha máscara coa cara de Rosalía; logo fotografáronse con ela acompañados dalgún familiar, e sostendo un cartel con versos de Rosalía escollidos por cada alumno/a.
Para conmemorar o Día de Rosalía os nenos e nenas de infantil realizaron murais con imaxes de Rosalía en Pop Art:
4º EDUCACIÓN INFANTIL
5º EDUCACIÓN INFANTIL
6º EDUCACIÓN INFANTIL
O alumnado de 6º de EI tamén traballou na aula unha poesía de Rosalía: