29 oct 2015

O noso colexio vistese de Samaín

Despois das dúas entradas anteriormente expostas sobre a orixe, historia e recursos para traballar o Samaín imos agora a prestar especial atención ó noso alumnado.

Ao longo destes días ademais de traballar o outono dedicamos unha parte do tempo á celebración do Samaín.



Os alumnos maiores traballan unidades didáticas, cancións, videos.. e coa ilusión de todos e o esforzo do profesorado os nosos corredores, biblioteca e clases xa están decorados para recibir o ansiado día. Cabazas, esqueletes, arañas, monstros, morcegos e bruxas transmiten o TERRORRRRRR propio desta festividade.






CLASE DE INFANTIL DE 3 ANOS

 
PUMPKIN






Imos agora cos mais pequerrechos do colexio. Os Alumnos da clase de tres anos xa teñen mascota nova. Chamase PUMPKIN¡¡ AQUI ESTÁ¡¡












Escoitan e aprenden contos coa súa nova mascota e traballan as emocións.






Agora toca pintar cabazas e fantasmas...




 
 

















Estes pequerrechos fixeron os seus propios monstros con gomets para decorar os corredores do colexio.




   
CLASE DE INFANTIL DE 4 ANOS
  
Os nosos alumnos de infantil de 4 anos non paran de traballar co cal agora toca tamén divertirse coa celebración de Samaín. Decoran as súas clases con arañas..ademais fixeron morcegos que METEN MEDO...¡¡



 
















 CLASE DE INFANTIL DE 5 ANOS
 




Agora vamos cos maiores de Educación Infantil. Os alumnos de cinco anos xa dan arrepío nada mais acercase á porta da clase...brrrrrr...










Estes cativos decoran a súa aula con máscaras de bruxas e como manualidade de Samaín mirade que preciosas deixaron estas pedriñas, agora convertidas en pequenos mostros... 























DENDE O BLOGUE DE GALEGO EN NOME DE TODO O PROFESORADO DO CENTRO DESEXÁMOSVOS UNHA FELIZ FESTA DE SAMAÍN.