Dende o Equipo de Normalización da Lingua en colaboración con todo o profesorado do centro puxemos en marcha a actividade:
I
I EXPOSICIÓN “Froitos do outono”: ao longo destes días de
outubro solicitamos a colaboración das familias para recoller e traer froitos
do outono, secos e carnosos, para facer unha exposición na entrada da escola.
Os mais pequenos recolleron froitos e follas nos arredores da escola. Para
incentivar os rapaces e implicar as familias outorgaremos diplomas ao froito máis
rechamante, ao máis pequeno/grande, á cesta mais variada...O éxito está sendo tal que
nos xuntamos cunha gran variedade de produtos, algúns descoñecidos para eles,
os que etiquetamos en galego, para ampliar vocabulario.
Esta
actividade estanos a dar moito xogo para reforzar a lingua, non só ampliaron
vocabulario de froitos e árbores, tamén
de animais que fixeron con distintos modelos de follas. Coa unidade de Outono traballaran refráns, cancións e
adiviñas onde poñen de manifesto os beneficios do seu consumo, as diferentes formas de consumilos e receitas variadas cos mesmos.
Panfleto informativo enviado para casa os Pais e Nais do Ceip Albino Núñez.