O noso colexio vistese de Samaín
Despois das dúas entradas anteriormente expostas sobre a orixe, historia e recursos para traballar o Samaín imos agora a prestar especial atención ó noso alumnado.
Ao longo destes días ademais de traballar o outono dedicamos unha parte do tempo á celebración do Samaín.Os alumnos maiores traballan unidades didáticas, cancións, videos.. e coa ilusión de todos e o esforzo do profesorado os nosos corredores, biblioteca e clases xa están decorados para recibir o ansiado día. Cabazas, esqueletes, arañas, monstros, morcegos e bruxas transmiten o TERRORRRRRR propio desta festividade.
CLASE DE INFANTIL DE 3 ANOS
PUMPKIN |
Imos agora cos mais pequerrechos do colexio. Os Alumnos da clase de tres anos xa teñen mascota nova. Chamase PUMPKIN¡¡ AQUI ESTÁ¡¡
Escoitan e aprenden contos coa súa nova mascota e traballan as emocións.
Agora toca pintar cabazas e fantasmas...
Estes pequerrechos fixeron os seus propios monstros con gomets para decorar os corredores do colexio.
CLASE DE INFANTIL DE 4 ANOS
Os nosos alumnos de infantil de 4 anos non paran de traballar co cal agora toca tamén divertirse coa celebración de Samaín. Decoran as súas clases con arañas..ademais fixeron morcegos que METEN MEDO...¡¡
CLASE DE INFANTIL DE 5 ANOS
Agora
vamos cos maiores de Educación Infantil. Os alumnos de cinco anos xa
dan arrepío nada mais acercase á porta da clase...brrrrrr...
Estes cativos decoran a súa aula con máscaras de bruxas e como manualidade de Samaín mirade que preciosas deixaron estas pedriñas, agora convertidas en pequenos mostros...
DENDE O BLOGUE DE GALEGO EN NOME DE TODO O PROFESORADO DO CENTRO DESEXÁMOSVOS UNHA FELIZ FESTA DE SAMAÍN.