O NOSO COLEXIO CHEGOU O APALPADOR...SSSSSIIIIIIIIIIIIIIIIIII... os máis pequerrechos entregaronlle as súas cartas e peticións...foi un momento a verdade que moi emocionante!!!
... NÓS TEMOS O NOSO PROPIO APALPADOR...MIRADE AS IMAXES...JEJE...PENSO QUE NOS QUEDOU TAL CUAL....
A
día de hoxe xa temos o resultado do concurso Postais de Nadal. Nun dos
corredores do colexio están expostas todas a postais. Organizadas por
cursos. Tamén foi seleccionada a postal gañadora xa enviada como
felicitación de Nadal a toda a Comunidade Educativa. Dende aquí parabéns a gañadoraXIANA CORDERÍ JARDÓN, alumna de 2ºB.
Aquí deixamos publicadas algunhas das fotos como RESUMO DA EXPOSICIÓN. As postais están organizadas por cursos.
Dende o equipo de Dinamización da Lingua puxemos en marcha o concurso de Postais de Nadal e convidamos a todos os alumnos/as do centro a participar.
As BASES do concurso explican o seguinte:
PARTICIPANTES: tódolos nenos e nenas do centro.
BASES: será a metade dunha cartolina tamaño A4. ( Escoller a cor que queiran).
MENSAXE DO TEXTO: en Galego. Todas levarán o nome correspondente do alumno/a e o curso.
TÉCNICAS E MATERIAIS: pódense empregar todo tipo de materiais e técnicas (pintura, collage, pegamento...) respetando sempre o formato.
ENTREGA: a data tope de entrega será o venres día 11 de Decembro 2015.
NOTA: as tarxetas premiadas editaranse no xornal escolar correspondente a este curso. Elixirase unha que será enviada como felicitación aos membros da comunidade educativa polo Nadal.
TÓDALAS TARXETAS SERÁN EXPOSTAS NO COLEXIO
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
16 dic 2015
O NOSO COLEXIO VÍSTESE DE NADAL
Temos que dicir que o noso colexio está fermoso decorado de Nadal. Os mestres xunto cós alumnos/as traballaron moitísimo para facer que o Nadal sexa "Máxico"...que todos os nenos/as teñan ilusóns, desexos e sobre todo pensamentos positivos para eles a para o mundo que os rodea...
O equipo de Dinamización da Lingua súmase a decoración do colexio. Nun dos corredores luce así de bonito o noso mural de Nadal. Onde explicamos con 6 palabras e un breve texto en que consiste o Nadal Galego. Así foi como nós quedou. Deixamos unhas fotos. Esperamos que vós gusten.
IMAXES DOS CORREDORES DE INFANTIL
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
AULA 6º DE INFANTIL
7 dic 2015
Postais de felicitación de Nadal en galego
Deixamos aquí dous enlaces para felicitares o Nadal en galego con postais electrónicas. Ben bonitiñas todas elas!!!!
«Ghalegho», o vídeo ideado en Rianxo que arrasa na Rede.
A cinta foi realizada por Noelia Gómez, estudante de Xornalismo, en defensa e emprego da Lingua Galega e das súas peculiaridades: gheada e seseo.
Tecleando no buscador de Youtube
oito letras, Ghalegho, un accede a un curioso e orixinal vídeo que, nos
seus dous minutos de duración, chama a atención de principio a fin. Os
protagonistas son catro mozos; os escenarios, fermosas paisaxes de
Rianxo e Dodro; e o contido, a defensa do idioma galego en todos os
eidos e con todas as súas peculiaridades, seseo e gheada incluídos. A
cinta, ideada e dirixida por unha rianxeira que estuda Xornalismo en
Santiago, está arrasando en Internet.
Noelia Gómez é a autora deste
vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que
facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e
gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de
paso, defender as variantes do galego».
Para desenvolver a súa idea,
contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de
Dodro. Xunto coa propia Noelia; Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey
póñenlle voz a situacións cotiás, coas que se atopan no seu día a día, e
que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que
enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen
disfraz algún.
Miles de visitas
Pouco podían imaxinar Noelia
Gómez e os seus colaboradores o éxito que ía acadar este traballo. En
Youtube, onde foi colgado hai cinco días, tivo máis de sete mil visitas;
pero en algunha páxina de Facebook, xa supera as dezasete mil.
Os protagonistas deste traballo
audiovisual están satisfeitos de poder espallar a súa mensaxe, ledos de
chamarlle incultos «aos que se rin da nosa forma de falar», felices de
poder dicirlle a miles de persoas que están «orghullosos» de falar a súa
lingua, contentos de seren «ghaleghos» e de falar «ghalegho».
4 dic 2015
XA FALTA MENOS PARA O NADAL!!!
Tal e como facemos sempre deixamosvos enlaces moi interesantes de recursos e actividades para estas próximas festas de Nadal. (preme na imaxe)
30 nov 2015
Dende o noso colexio lembramos a Xosé Neira Vilas.
Pai da novela galega social e popular comtemporánea.(PREME A IMAXE)
Na semana pasada, o día 27 de novembro todos os xornais informaban da triste nova; falecía na súa casa de Gres o escritor Xosé Neira Vilas, autor, entre outras moitas obras, do primeiro "best-seller" galego "Memorias dun neno labrego".
Esta obra considérase o inicio da literatura infantil e xuvenil en
galego e ademáis de ser
libro galego máis lido, máis veces editado é tamén dos máis
traducidos en todo o mundo.
Ademais de " Memorias dun neno Labrego", do que todo o mundo esta a falar por ser o máis coñecido do autor, escribiu outros moitos. Entre eles que, para min, non desmerece en nada o anterior: un libriño curto, con capítulos moi breves adicado a súa nai e no que se poden ver tódalas nais galegas. O seu título é " NAI".
Outro libro que tamén recomendamos e que nos toca cerca pola nosa profesión é "QUERIDO TOMÁS". É un monólogo dunha mestra nunha escola unitaria e tomás é un mozo que tivo na adolescencia e que tivo que emigrar. O libro fala da emigración, da crise do mundo rural, do ensino galego...