O debuxante galego Xosė Lois González presentanos un pouco de humor sobre a Lingua Galega a través do personaxe o Carrabouxo.
4 oct 2015
17 may 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Para rematar a semana adicada á nosa lingua, fixemos o venres, 15 de maio, un pequeno festival no centro coa participación de todo o alumnado. Cada grupo de alumnos/as recitou ou cantou algunha cantiga: algunhas de tipo popular, outras de autores galegos coñecidos, outras máis modernas ... Un pouco de todo para homenaxear á nosa lingua e compartir entre todos unha xornada festeira.
20 abr 2015
LETRAS GALEGAS
17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano, oautor homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE (1906 - 1996).
Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns con actividades sobre a vida e obra deste escritor.
A Coordinadora ENDL oferta, coma outros anos, unha páxina con moito material, ligazóns e actividades
http://coordinadoraendl.org/letras2015/index.html
O Seminario Galán preséntanos as súas clásicas unidades en pdf para a súa fácil impresión:
Pdf da unidade didáctica para Infantil
Pdf da unidade didáctica para 1º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 2º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 3º Ciclo
e actividades EDILIM:
Actividades EDILIM infantil
Actividades EDILIM (1º e 2º de Primaria)
Actividades EDILIM (3º e 4º de Primaria)
Actividades EDILIM (5º e 6º de Primaria)
19 feb 2015
ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da
lingua de Galicia. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co
centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.HTML
Canción con pictogramas elaborada polo CEIP Plurilingüe "Anxo da Garda"
A Coruña 2015. Música: poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro
http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.HTML
Canción con pictogramas elaborada polo CEIP Plurilingüe "Anxo da Garda"
A Coruña 2015. Música: poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro
11 feb 2015
10 feb 2015
ENTROIDO
ENTROIDO
É incrible, aínda comiamos o turrón onte, e xa estamos no Entroido!!!
O Meco xa anda a argallar as súas ordes, pero mentres podemos saber máis do Entroido, disfraces das distintas zonas de Ourense, manualidades, máscaras, receitas... picando na foto:
O Entroido é unha das festas tradicionais máis antigas que se celebra en moitos lugares de Europa. Na nosa terra temos un dos entroidos máis importantes de España do que aínda hoxe se descoñecen as súas orixes, con características particulares, con gastronomía, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas poboacións.
Con estas actividades aprenderás moitas cousas sobre o entroido en Galicia e descubrirás os costumes e tradicións que envolven esta divertida celebración.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim
http://coordinadoraendl.org/entroido
Os nenos/as de infantil disfrutarán moito co conto : "Entroido na carballeira", logo poderán facer exercicios de comprensión e xogos.
31 ene 2015
O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senón que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e o universo, e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional.
A súa importancia non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración.
A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara a outros modos de vida. Por tanto, é un proceso integrador, pois podemos compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial que son parecidas ás doutros.
Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO (París, 2003)
O día 27 de xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º curso de primaria desprázaronse ata o Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación da obra "Na procura do tesouro", unha adaptación para nenos do cancioneiro tradiconal galego, representada polos Gaiteiros da Xistra (da Asociación folclórica gaiteiros da Xistra).
A
actividade conta como Xurxo, o protagonista, non cría nas lendas de mouros,
pensaba que iso eran cousas de vellos... Unha noite, os cantos dunha moura
espertárono e esta explicoulle as probas
que debería superar para conseguir o tesouro escondido nunha cova. A través
desta representación músico - teatral escoitamos romances, o son das zanfonas,
alalás, cantigas, refráns, e coñecemos
algúns seres míticos das lendas e contos galegos.


"Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua"
(guías-didácticas.afundacion.org)
(guías-didácticas.afundacion.org)
ZANFONA REQUINTA
25 ene 2015
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi.
Celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.
a non violencia mellor que a violencia
e a paz mellor que a guerra"
(Vidal, 1972)
1 dic 2014
NADAL
XA CHEGA O NADAL !!!!
Premendo na imaxe atoparedes diferentes recursos para traballar o Nadal na aula: contos, refráns, o apalpador, cancións...
![]() |
| premede aquí |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









