Para rematar a semana adicada á nosa lingua, fixemos o venres, 15 de maio, un pequeno festival no centro coa participación de todo o alumnado. Cada grupo de alumnos/as recitou ou cantou algunha cantiga: algunhas de tipo popular, outras de autores galegos coñecidos, outras máis modernas ... Un pouco de todo para homenaxear á nosa lingua e compartir entre todos unha xornada festeira.