O 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Para festexalo, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Voz Natura, convocamos no centro un CONCURSO DE POESÍA.
As poesías debían versar sobre oficios tradicionais do noso redor, seguindo o programa Auga, pedra, sabedoría e terra no que estamos inmersos.
O alumnado participou copiando e ilustrando poesías ou ben inventando unha nova.
As poesías foron pegadas nas paredes do corredor do colexio!
No seguinte vídeo achegámonos a cada unha delas:
Grazas por participar