3 feb 2017

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2017

Este ano, o día da Paz (30 de xaneiro) unímolo ao día da Educación Medioambiental (día 26 deste mes). 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con outros equipos do centro, propuxemos a realización dunha serie de actividades para festexar o día da non violencia e da paz. Este é o resultado:

- Mural sobre a reciclaxe de sentimentos: os alumnos/as de 5º de Educación Primaria decidiron reciclar palabras contrarias á paz, renovándoas e creando palabras portadoras de valores positivos. Con elas, realizouse este fermoso mural:






- Mural de tapóns: facendo unha homenaxe á importancia da reciclaxe, elaborouse un mural con tapóns de botellas xa empregadas; con eles creouse este deseño da Paz:



Máis preto...




- Mandalas da paz: os alumnos/as agasalláronnos coa súa elaboración. Tan bonitas quedaron, que decidimos empregalas para decorar a árbore da entrada do colexio. Botade unha ollada:





- Nubes de etiquetas: os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP quixeronnos contar o que para eles significaba a paz. Para elo elaboraron as chamadas "nubes de etiquetas". 
Estas nubes están compostas por palabras de paz escritas en tres linguas: galego, castelán e inglés.





No seguinte vídeo acercámonos a estas nubes de etiqueta. Mirade:







- Receitas para a paz: coas palabras que os alumnos/as de 5º de EP crearon, os nenos e nenas do colexio elaboraron estas receitas para a consecución e mantemento da Paz.  Poderedes contemplalas no seguinte vídeo:







Belísimas, verdade?

O día da Paz (30 de xaneiro) léronse algunhas destas receitas así como un pequeno manifesto a favor da Paz. Logo, cantamos e bailamos unhas cancións da Paz. Pasámolo moi ben!

UN APLAUSO PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON NESTAS ACTIVIDADES.
GRAZAS!