6 nov 2015


TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO


GalApps son unha suite de aplicacións de lingua galega para móbiles.




Concretamente, as ferramentas son: ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGaleto, todas elas integradas na suite GalApps, Toda a Lingua Galega no teu Peto. Permiten conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Deste modo, a nosa lingua é a primeira en dispor dun feixe específico de aplicacións para as dúas plataformas móbiles.

Os autores son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta

As aplicacións pódense descargar gratuitamente na AppStore de Apple e no AndroidMarket.



EU FALO GALEGO PORQUE...


 

CONTÁXIATE ..

Vídeos de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco que mediante os recursos da linguaxe publicitaria promoven o emprego da lingua galega entre a xente moza. 

 

VIDEOPOEMA "EN GALEGO"

Fermoso videopoema de Miguel Ángel Alonso Diz