O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senón que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e o universo, e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional.
A súa importancia non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración.
A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara a outros modos de vida. Por tanto, é un proceso integrador, pois podemos compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial que son parecidas ás doutros.
Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO (París, 2003)
O día 27 de xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º curso de primaria desprázaronse ata o Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación da obra "Na procura do tesouro", unha adaptación para nenos do cancioneiro tradiconal galego, representada polos Gaiteiros da Xistra (da Asociación folclórica gaiteiros da Xistra).
A
actividade conta como Xurxo, o protagonista, non cría nas lendas de mouros,
pensaba que iso eran cousas de vellos... Unha noite, os cantos dunha moura
espertárono e esta explicoulle as probas
que debería superar para conseguir o tesouro escondido nunha cova. A través
desta representación músico - teatral escoitamos romances, o son das zanfonas,
alalás, cantigas, refráns, e coñecemos
algúns seres míticos das lendas e contos galegos.
"Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua"
(guías-didácticas.afundacion.org)
(guías-didácticas.afundacion.org)
ZANFONA REQUINTA