25 DE NOVEMBRO: Día internacional contra a violencia de xénero
Material para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero a partir do libro "O Monstro" de Daniel Martin, traducido ao galego, con actividades e recursos para Educación Infantil ePrimaria. (Equipo de convivencia do CPI Ponte dos Brozos de Arteixo).
Premendo na imaxe, accederedes a un Caderno de actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria para
preparar e celebrar o Magosto. EDLG do CEIP de Galán (Oseiro-Arteixo).
Mirade que surtida nos quedou a exposición dos froitos do outono!!
Castañas, noces, abelás, cabazas, mazás, laranxas, uvas, cogomelos, millo…estiveron presentes nesta exposición na que participamos todos os alumnos/as do colexio.
Solicitamos a colaboración das familias para que
traian os froitos propios desta época para unha exposición-concurso
durante a primeira quincena de outubro.
Haberá agasallos ao máis pequeno, ao máis grande, ao máis
curioso...