26 dic 2017

POSTAIS DE NADAL 2017

Xa temos con nós as postais de Nadal! Os nenos e nenas do colexio deseñaron individualmente unha postal empregando calquera tipo de técnica e material nunha cartolina do tamaño de medio folio.
Coas postais recompiladas realizamos unha exposición no corredor do colexio. Mirade!

Achegándonos máis...





Das postais recollida elixiuse unha, que foi a encargada de felicitar o Nadal á comunidade educativa. E a gañadora foi a postal realizada por SARAH DANIELA, alumna de 6º de EI!
Parabéns!

Se queredes observar con máis detalle as postais, vede o seguinte vídeo:


23 dic 2017

Decoración das portas das aulas- Nadal 2017

O colexio vestiuse de Nadal! Anteriormente, o EDLG animou a participar na decoración das portas das aulas. Pois ben, aquí temos o resultado. Botádelle un vistazo:


FERMOSAS!

30 nov 2017

NADAL 2017

Para celebrar esta festividade e coa intención de vestir ao noso colexio da mesma, convocamos un ano máis, o concurso de POSTAIS DE NADAL: o alumnado deseñará unha postal nunha cartolina do tamaño de medio folio

De todas as recompiladas elixirase unha gañadora, que será a encargada de felicitar o Nadal á comunidade educativa.

Resultado de imagen de árbol nevado dibujoAdemais propoñemos e animamos á decoración das portas das aulas baixo a esencia desta celebración.


Resultado de imagen de BO NADAL dibujo

29 nov 2017

Días para lembrar

O luns 27 de novembro realizamos un pequeno acto no centro para conmemorar tres días próximos entre si: 


- Día Internacional dos Dereitos dos Nenos (20 de novembro)

- Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)

- Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro)


No patio do colexio tres alumnos/as de 6º de primaria leron un pequeno manifesto, presidido por un cartel escrito en galego relativo ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Logo cantamos e interpretamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego mediante lingua de signos.

21 nov 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Imagen relacionadaO día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o EDLG aportamos uns vídeos para facer reflexionar e fomentar  a igualdade e a erradicación da violencia de xénero. 


- "Nin un bico á forza": conto de Marion Mebes, versionado polo alumnado do CRA de Remuíños. Un conto que ensina a dicir NON!



- "Proxecto Iguais, Eu quero ser...": experiencia no CPI Atios de Valdoviño.

14 nov 2017

MAGOSTO NO COLE!

Acudimos ao patio a comer o típico xantar de Magosto: empanada, bolos preñados...



e castañas!!




Fixemos unha fogueira e logo, coa borralla, xogamos a pintarnos!


QUE BEN O PASAMOS!

7 nov 2017

Magosto 2017

Con motivo da celebración desta festividade, achegamos recursos para traballar nas aulas. As ligazóns aos mesmos son:

5 nov 2017

Obradoiro de cabazas

Xa temos con nós o resultado do OBRADOIRO DE CABAZAS
Con elas realizamos unha exposición na entrada do colexio. Observade o fermosas que quedaron:


Con máis detalle:
(Premer sobre as imaxes para ampliar)

SODES UNS ARTISTAS!

19 oct 2017

SAMAÍN 2017

Coa chegada do Samaín organizamos no centro, por quinto ano consecutivo, o CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. O alumnado poderá participar de dous xeitos:
- Investigando e recollendo un conto de medo da contorna.
- Inventando un conto aterrecedor con personaxes e lugares da contorna.

A lingua na que estarán escritos os contos será o galego
Deberán ser entregados antes do 4 de novembro na biblioteca.

Resultado de imagen de samaín galicia

Ademais, terá lugar no centro un OBRADOIRO DE CABAZAS. Os alumnos/as poderán decorar as súas cabazas da forma máis terrorífica que imaxinen.

Animádevos a participar!