Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

27 abr 2018

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO - 2018

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Para celebralo puxemos en macha no centro distintas actividades ao longo desta semana.
Continuamos, un ano máis, co denominado Apadriñamento lector: os nenos e nenas dos cursos superiores léronlles contos aos máis pequenos en diversos recunchos do recinto escolar. A actividade realizouse o luns 23 de abril.














Nesta semana, promovendo unha vez máis os encontros interxeracionais, contamos coa visita de familiares do alumnado de infantil (nais, avós...), quen lles leron a estes diferentes contos.
Tamén realizamos unha exposición de libros antigos na entrada do colexio. Observade:

26 abr 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro. No noso colexio quixémolo festexar levando a cabo, un ano máis, o chamado "Apadriñamento lector": o luns 24 de abril os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria apadriñaron aos máis cativos do colexio (os alumnos e alumnas de 4º, 5º, 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de EP). A actividade consistiu na lectura dun conto por parte dos padriños e madriñas aos seus afillados/as en diferentes recunchos do recinto escolar (xardín, patio cuberto...).

 madriñas e padriños            afilladas/os

3º A EP__________________4º EI
3º B EP__________________5º EI
6º EP____________________6º EI
4º EP___________________1º EP
5º B EP___________________2º A
5º A EP___________________2º B

Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes deste día:




Para conmemorar o Día do Libro tamén se realizou, por primeira vez no centro, a actividade "Biblio-patio": na hora do recreo alumnos voluntarios levaron ao patio unha selección de libros para que os nenos e nenas gozaran da súa lectura.
Este xoves foi a quenda do alumnado de 5º de EI: 

Axudantes de 6º de EP