31 ene 2015


O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senón que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e o universo, e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional.
A súa importancia non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración.
A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara a outros modos de vida. Por tanto, é un proceso integrador, pois podemos compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial que son parecidas ás doutros.
                        Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO (París, 2003)

O día 27 de xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º curso de primaria desprázaronse ata o Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación da obra "Na procura do tesouro", unha adaptación para nenos do cancioneiro tradiconal galego, representada polos Gaiteiros da Xistra (da Asociación folclórica gaiteiros da Xistra). 


A actividade conta como Xurxo, o protagonista, non cría nas lendas de mouros, pensaba que iso eran cousas de vellos... Unha noite, os cantos dunha moura espertárono e esta explicoulle  as probas que debería superar para conseguir o tesouro escondido nunha cova. A través desta representación músico - teatral escoitamos romances, o son das zanfonas, alalás, cantigas, refráns, e  coñecemos algúns seres míticos das lendas e contos galegos. 











"Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua"
                                                        (guías-didácticas.afundacion.org)


INSTRUMENTOS QUE UTILIZARON NA REPRESENTACIÓN: 

              ZANFONA                                             REQUINTA
VIOLÍN 


25 ene 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi.

Celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_paz/lim.swf?libro=dia_da_paz.lim" o amor é mellor que o odio
a non violencia mellor que a violencia
e a paz mellor que a guerra"
           (Vidal, 1972)




1 dic 2014

NADAL


 XA CHEGA O NADAL !!!!

Premendo na imaxe atoparedes diferentes recursos para traballar o Nadal na aula: contos, refráns, o apalpador, cancións...


http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php
premede aquí

   

24 nov 2014

VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO: Día internacional contra a violencia de xénero

Material para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero a partir do libro "O Monstro" de Daniel Martin, traducido ao galego, con actividades e recursos para Educación Infantil ePrimaria. (Equipo de convivencia do CPI Ponte dos Brozos de Arteixo).

(preme na imaxe)

6 nov 2014

O MAGOSTO


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec234.php

Premendo na imaxe, accederedes a un Caderno de actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria para preparar e celebrar o Magosto. EDLG do CEIP de Galán (Oseiro-Arteixo).



CONTO: A CASTAÑEIRA
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/castaneira/contocastaneira.html
(premede na imaxe para ver o conto)



A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA




XOGOS POPULARES
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1413546354/contido/XOGOSMAGOSTO-WEB/index.html
(premede na imaxe para ver os xogos populares)



V Día da Ciencia en Galego


 Este ano ten por lema: O dereito a gozar da física en galego. 

 Esta celebración servirá tamén para homenaxear as figuras de Isaac Newton e do matemático galego Xosé Rodríguez González.

 http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego
Premede na imaxe para acceder a materias e recursos

SAMAÍN 2014

SYMBALOO SAMAÍN

Recompilación de actividades web para o Samaín

http://www.symbaloo.com/mix/samain
 (premede na imaxe)






Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

SAMAÍN 2014

CORRE, CORRE CABACIÑA 

 

 

CONTO 

CANCIÓN 

ACTIVIDADES



FROITOS E ÁRBORES DO OUTONO

Podedes repasar os nomes dos froitos e das árbores no seguinte enlace


3 nov 2014

1ª EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

A CHEGADA DO OUTONO!!!!


Mirade que surtida nos quedou a exposición dos froitos do outono!!
Castañas, noces, abelás, cabazas, mazás, laranxas, uvas, cogomelos, millo…estiveron presentes nesta exposición na que participamos todos os alumnos/as do colexio.