3 ene 2018

FESTIVAL DE NADAL 2017

Os días 20 e 21 de decembro celebramos o FESTIVAL DE NADAL no noso colexio. Alumnado, familias, docentes...gozamos dun festival composto por representacións teatrais, coreografías, panxoliñas...


Aquí vos deixamos un resumo do festival deste ano:

EDUCACIÓN INFANTIL
4º: "Polo Nadal, turrón e mazapán"- panxoliña


5º: "Eu son artista"- coreografía


6º: "A mellor sopa do mundo"- dramatización




EDUCACIÓN PRIMARIA
1º: "Hello christmas song"- panxoliña


2º: "Boneco de neve"- canción


3º A: "Marcha dos elfos"- panxoliña
          " O noso boneco"- interpretación
















3º B: "Unha vez ocorreu que un neno..."- teatro


4º A e B: "Música para recordar..."- coreografía


5º: "Sueño en colores"- coreografía


6º: "A lenda de Ana Manana"- teatro
      " Last Christmas"- canción
      " Hecho con tus sueños"- canción






















FORON UNS DÍAS CHEOS DE EMOCIÓNS!

A continuación mostrámosvos un vídeo con imaxes das actuacións:

26 dic 2017

POSTAIS DE NADAL 2017

Xa temos con nós as postais de Nadal! Os nenos e nenas do colexio deseñaron individualmente unha postal empregando calquera tipo de técnica e material nunha cartolina do tamaño de medio folio.
Coas postais recompiladas realizamos unha exposición no corredor do colexio. Mirade!

Achegándonos máis...





Das postais recollida elixiuse unha, que foi a encargada de felicitar o Nadal á comunidade educativa. E a gañadora foi a postal realizada por SARAH DANIELA, alumna de 6º de EI!
Parabéns!

Se queredes observar con máis detalle as postais, vede o seguinte vídeo:


23 dic 2017

Decoración das portas das aulas- Nadal 2017

O colexio vestiuse de Nadal! Anteriormente, o EDLG animou a participar na decoración das portas das aulas. Pois ben, aquí temos o resultado. Botádelle un vistazo:


FERMOSAS!

30 nov 2017

NADAL 2017

Para celebrar esta festividade e coa intención de vestir ao noso colexio da mesma, convocamos un ano máis, o concurso de POSTAIS DE NADAL: o alumnado deseñará unha postal nunha cartolina do tamaño de medio folio

De todas as recompiladas elixirase unha gañadora, que será a encargada de felicitar o Nadal á comunidade educativa.

Resultado de imagen de árbol nevado dibujoAdemais propoñemos e animamos á decoración das portas das aulas baixo a esencia desta celebración.


Resultado de imagen de BO NADAL dibujo

29 nov 2017

Días para lembrar

O luns 27 de novembro realizamos un pequeno acto no centro para conmemorar tres días próximos entre si: 


- Día Internacional dos Dereitos dos Nenos (20 de novembro)

- Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)

- Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro)


No patio do colexio tres alumnos/as de 6º de primaria leron un pequeno manifesto, presidido por un cartel escrito en galego relativo ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Logo cantamos e interpretamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego mediante lingua de signos.

21 nov 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Imagen relacionadaO día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o EDLG aportamos uns vídeos para facer reflexionar e fomentar  a igualdade e a erradicación da violencia de xénero. 


- "Nin un bico á forza": conto de Marion Mebes, versionado polo alumnado do CRA de Remuíños. Un conto que ensina a dicir NON!



- "Proxecto Iguais, Eu quero ser...": experiencia no CPI Atios de Valdoviño.

14 nov 2017

MAGOSTO NO COLE!

Acudimos ao patio a comer o típico xantar de Magosto: empanada, bolos preñados...



e castañas!!




Fixemos unha fogueira e logo, coa borralla, xogamos a pintarnos!


QUE BEN O PASAMOS!

7 nov 2017

Magosto 2017

Con motivo da celebración desta festividade, achegamos recursos para traballar nas aulas. As ligazóns aos mesmos son:

5 nov 2017

Obradoiro de cabazas

Xa temos con nós o resultado do OBRADOIRO DE CABAZAS
Con elas realizamos unha exposición na entrada do colexio. Observade o fermosas que quedaron:


Con máis detalle:
(Premer sobre as imaxes para ampliar)

SODES UNS ARTISTAS!