21 nov 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Imagen relacionadaO día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o EDLG aportamos uns vídeos para facer reflexionar e fomentar  a igualdade e a erradicación da violencia de xénero. 


- "Nin un bico á forza": conto de Marion Mebes, versionado polo alumnado do CRA de Remuíños. Un conto que ensina a dicir NON!



- "Proxecto Iguais, Eu quero ser...": experiencia no CPI Atios de Valdoviño.

14 nov 2017

MAGOSTO NO COLE!

Acudimos ao patio a comer o típico xantar de Magosto: empanada, bolos preñados...



e castañas!!




Fixemos unha fogueira e logo, coa borralla, xogamos a pintarnos!


QUE BEN O PASAMOS!

7 nov 2017

Magosto 2017

Con motivo da celebración desta festividade, achegamos recursos para traballar nas aulas. As ligazóns aos mesmos son:

5 nov 2017

Obradoiro de cabazas

Xa temos con nós o resultado do OBRADOIRO DE CABAZAS
Con elas realizamos unha exposición na entrada do colexio. Observade o fermosas que quedaron:


Con máis detalle:
(Premer sobre as imaxes para ampliar)

SODES UNS ARTISTAS!

19 oct 2017

SAMAÍN 2017

Coa chegada do Samaín organizamos no centro, por quinto ano consecutivo, o CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. O alumnado poderá participar de dous xeitos:
- Investigando e recollendo un conto de medo da contorna.
- Inventando un conto aterrecedor con personaxes e lugares da contorna.

A lingua na que estarán escritos os contos será o galego
Deberán ser entregados antes do 4 de novembro na biblioteca.

Resultado de imagen de samaín galicia

Ademais, terá lugar no centro un OBRADOIRO DE CABAZAS. Os alumnos/as poderán decorar as súas cabazas da forma máis terrorífica que imaxinen.

Animádevos a participar!

26 may 2017

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Un ano máis rematamos as actividades programadas con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS cun festival que realizamos o pasado 19 de maio. Nel actuaron todos os alumnos e alumnas do centro con cancións, recitados, bailes, escenificacións... e este ano tivemos como novidade un teatro de monicreques coa representación dunha obra teatral do autor homenaxeado este ano CARLOS CASARES MOURIÑO.

Este foi o programa das actuacións:
ED. INFANTIL 3 ANOS: Dime que fixeches (canción escenificada)
ED. INFANTIL 4 ANOS: Fun ao mercado (canción e baile)
ED. INFANTIL 5 ANOS: A primavera (canción)
1º PRIMARIA:  Unha orquestra despistada (recitado)
2º  A PRIMARIA: Eucaliptos (versión galega dunha famosa canción de moda)
2º B PRIMARIA: Os cesteiros (canción escenificada)
3º A e 3º B PRIMARIA: recitado de refráns e trabalinguas
4º  PRIMARIA: Unha vella tiña un can (cantiga)
GRUPO DE ALUMNOS DE 5º A E 5º B: recitado de poesías: Adiós ríos, adiós fontes (Rosalía de Castro), Viúvas de vivos e viúvas de mortos (Rosalía de Castro) e Galicia (Manuel María)
6º PRIMARIA: recitado de poemas (en galego)  de Gloria Fuertes 
GRUPO DE ALUMNOS DE 5º E 6º PRIMARIA: As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (teatro de monicreques de papel)

Na seguinte presentación tedes unha mostra do desenvolvemento da actividade:


28 abr 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano, o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas (17 de maio) é CARLOS CASARES.

Para saber máis deste autor, deixámosvos un enlace á páxina web Primavera das letras:
Nela atoparedes diferentes apartados con información e recursos sobre Carlos Casares:

A súa biografía e obra: http://primaveradasletras.gal/carlos-casares/ 
- Fichas didácticas:
- Actividades interactivas: 
- Recursos na rede:
- Certame:

O Seminario Galán tamén nos ofrece material do Día das Letras Galegas 2017 para infantil e primaria (actividades en PDF, actividades interactivas sobre Carlos Casares, carteis de exposición e cuestionario...). A ligazón é a seguinte: http://www.seminariogalan.org/

Outras páxinas web de interese son:
- O Portal da Lingua Galega:
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
- Fundación Carlos Casares:
http://fundacioncarloscasares.org/ 

26 abr 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro. No noso colexio quixémolo festexar levando a cabo, un ano máis, o chamado "Apadriñamento lector": o luns 24 de abril os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria apadriñaron aos máis cativos do colexio (os alumnos e alumnas de 4º, 5º, 6º de Educación Infantil e e de EP). A actividade consistiu na lectura dun conto por parte dos padriños e madriñas aos seus afillados/as en diferentes recunchos do recinto escolar (xardín, patio cuberto...).

 madriñas e padriños            afilladas/os

3º A EP__________________4º EI
3º B EP__________________5º EI
6º EP____________________6º EI
4º EP___________________1º EP
5º B EP___________________2º A
5º A EP___________________2º B

Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes deste día:




Para conmemorar o Día do Libro tamén se realizou, por primeira vez no centro, a actividade "Biblio-patio": na hora do recreo alumnos voluntarios levaron ao patio unha selección de libros para que os nenos e nenas gozaran da súa lectura.
Este xoves foi a quenda do alumnado de 5º de EI: 

Axudantes de 6º de EP




21 abr 2017

RECICLAPEDIA

O EDLG, en colaboración con Equipo da Biblioteca e o Equipo de Voz Natura, propuxo ao alumnado a realización da actividade "Reciclapedia": cada grupo ou curso tería que definir un termo relacionado coa reciclaxe e coa natureza. O significado do termo podería definirse empregando a lingua galega, ou mediante imaxes ou debuxos.

Os traballos xa están aquí! Mirade:
(para ampliar a imaxe, facer clic enriba dela)

- Desenvolvemento sostible


- Reutilizar

- Reforestación

- Biodegradable

- Vertedoiros incontrolados

- Contaminación

- Reciclar

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!