21 abr 2017

RECICLAPEDIA

O EDLG, en colaboración con Equipo da Biblioteca e o Equipo de Voz Natura, propuxo ao alumnado a realización da actividade "Reciclapedia": cada grupo ou curso tería que definir un termo relacionado coa reciclaxe e coa natureza. O significado do termo podería definirse empregando a lingua galega, ou mediante imaxes ou debuxos.

Os traballos xa están aquí! Mirade:
(para ampliar a imaxe, facer clic enriba dela)

- Desenvolvemento sostible


- Reutilizar

- Reforestación

- Biodegradable

- Vertedoiros incontrolados

- Contaminación

- Reciclar

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!

24 mar 2017

Ollo ao refrán!

Aproveitando a posta en marcha no noso centro do Proxecto Meteoescolas, propuxemos ao alumnado e ás súas familias a busca e aportación de un ou varios refráns ou ditos relacionados co tempo. Poderían estar escritos a man ou a ordenador nun folio. A lingua empregada sería o galego. Posteriormente, os nenos e nenas adornaríanos con ilustracións e pasarían a formar parte dunha exposición. 
Pois ben, xa os temos connosco adornando a entrada do colexio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Meteoroloxía (23 de marzo). Observade!


Máis preto...




No seguinte vídeo mostrámosvos cada un destes refráns e ditos:




Fermoso! 
GRAZAS E ATA OUTRA!

10 mar 2017

Exposición: "A arte no inverno"

Xa temos aquí as obras de inverno! Os alumnos e alumnas de infantil e primaria animáronse a participar nesta actividade coa recreación dunha obra de arte relacionada co inverno:

Educación Infantil

4º: "As estacións, inverno" de SALVADOR DALÍ
5º: "Inverno, os globos" de JORDANKA YARETZ
6º: "Paisaxe de inverno" de KANDINSKY

Educación Primaria

3º A e B: "Davos en inverno"/ "Davos na neve" de ERNST LUDWIG KIRCHNER
4º: "Can tombado na neve" de FRANZ MARC
5º A: "Desxeo en Egersburg" de EDVAR MUNCH
6º: "Castiñeiro en Louveciennes" de CAMILLE PISSARRO

Con elas realizamos unha exposición na entrada do colexio. Este é o espectacular resultado:






ACERCÁMONOS...
                                       
6º EI: " Paisaxe de inverno" de Kandinsky
6º EP: "Castiñeiros en Louveciennes" de Camille Pissarro
3º A e B: "Davos en inverno" /"Davos na neve" de Ernst Ludwig Kirchner
4º EI: "As estacións, inverno" de Salvador Dalí
4º EP: "Can tomabo na neve" de Franz Marc
5º A: "Desxeo en Egersburg" de Edvar Munch


5º EI: "Inverno, os globos" de Jordanka Yarete








No seguinte vídeo observamos con máis detalle estas obras de arte:



GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!

DÍA DA MULLER TRABALLADORA - 8 de marzo

O 8 de marzo celebramos no noso colexio o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Realizamos murais e carteis con información importante sobre esta festividade:
- Na entrada do colexio colocouse un mural e adornouse a árbore.


As letras de "DÍA DA MULLER" foron elaboradas con recortes de revista de caras de distintas mulleres. As follas que compoñen a árbore levaban escritas frases agradecidas e motivadoras ao traballo realizado polas mulleres así en referencia á súa importancia, respecto, valor e IGUALDADE na sociedade.


A árbore da entrada quedou fermosa cos traballos realizados polos nenos e nenas do cole relacionados con este día. Observade!


- Tamén se fixo outro mural. A árbore nel debuxada contaba cunhas follas dedicadas a mulleres que fixeron e fan historia:


Con máis detalle:


1 mar 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 de febreiro de 2017

Para conmemorar este día, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo da Biblioteca, co de Voz Natura e co de Meteoescolas invitou ao alumnado a participar nun CONCURSO DE POESÍA. 
En relación co programa Meteoescolas que se pon en marcha no centro, este ano optamos por disfrazarnos no Entroido de fenómenos meteorolóxicos! Igualmente, decidimos que  as poesías para celebrar o día de Rosalía, versaran sobre o mesmo:
- Os nenos/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria poderían copiar e ilustrar unha.
- Os cativos/as dos demais cursos inventarían unha poesía. 

Os traballos terían que estar escritos en GALEGO.
Das poesías realizadas, seleccionáronse algunhas para ler o día de celebración do Entroido no cole: 24 de febreiro. Poderedes observalas no seguinte vídeo:



SODES UNS POETAS!



Deixámosvos aquí uns poemas cantados de Rosalía de Castro:






Se queredes coñecer a vida e obra de Rosalía clicade no seguinte enlace: http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/normaliz/rosalia/rosalia_vida.htm

DÍA DE ROSALÍA

#RosalíaTe é unha iniciativa promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a cal ten por finalidade enaltecer a figura e obra de Rosalía de Castro cada 24 de febreiro (día do nacemento da escritora). 

Este ano o alumnado de 6º de primaria participou na actividade proposta, que consistiu na realización dunha máscara coa cara de Rosalía; logo fotografáronse con ela acompañados dalgún familiar, e sostendo un cartel con versos de Rosalía escollidos por cada alumno/a.




Para conmemorar o Día de Rosalía os nenos e nenas de infantil realizaron murais con imaxes de Rosalía en Pop Art:


4º EDUCACIÓN INFANTIL



5º EDUCACIÓN INFANTIL


6º EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de 6º de EI tamén traballou na aula unha poesía de Rosalía:


21 feb 2017

ENTROIDO 2017

Chegou o Entroido!!! No colexio xa apareceu o Meco polos nosos corredores...e deixounos unha serie de ordes para esta semana!



As ordes, que se atopan nas mans do seu compañeiro, son as seguintes:



3 feb 2017

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2017

Este ano, o día da Paz (30 de xaneiro) unímolo ao día da Educación Medioambiental (día 26 deste mes). 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con outros equipos do centro, propuxemos a realización dunha serie de actividades para festexar o día da non violencia e da paz. Este é o resultado:

- Mural sobre a reciclaxe de sentimentos: os alumnos/as de 5º de Educación Primaria decidiron reciclar palabras contrarias á paz, renovándoas e creando palabras portadoras de valores positivos. Con elas, realizouse este fermoso mural:






- Mural de tapóns: facendo unha homenaxe á importancia da reciclaxe, elaborouse un mural con tapóns de botellas xa empregadas; con eles creouse este deseño da Paz:



Máis preto...




- Mandalas da paz: os alumnos/as agasalláronnos coa súa elaboración. Tan bonitas quedaron, que decidimos empregalas para decorar a árbore da entrada do colexio. Botade unha ollada:





- Nubes de etiquetas: os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP quixeronnos contar o que para eles significaba a paz. Para elo elaboraron as chamadas "nubes de etiquetas". 
Estas nubes están compostas por palabras de paz escritas en tres linguas: galego, castelán e inglés.





No seguinte vídeo acercámonos a estas nubes de etiqueta. Mirade:







- Receitas para a paz: coas palabras que os alumnos/as de 5º de EP crearon, os nenos e nenas do colexio elaboraron estas receitas para a consecución e mantemento da Paz.  Poderedes contemplalas no seguinte vídeo:







Belísimas, verdade?

O día da Paz (30 de xaneiro) léronse algunhas destas receitas así como un pequeno manifesto a favor da Paz. Logo, cantamos e bailamos unhas cancións da Paz. Pasámolo moi ben!

UN APLAUSO PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON NESTAS ACTIVIDADES.
GRAZAS!

20 ene 2017

EXPOSICIÓN: A ARTE NO INVERNO

Ola amigos/as! Como lembraredes, tempo atrás realizouse no colexio unha exposición de representacións de obras de arte relacionadas co outono (posto que era a estación na que nos encontrabamos).
Pois ben, é a quenda agora do inverno! 
Do mesmo xeito, cada aula representará mediante distintas técnicas unha obra de arte relacionada co inverno. O tamaño da representación será dun folio A3 ou dunha cartolina.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo algunhas obras para a súa recreación. Poderanse escoller estas ou outras distintas (sempre que fagan referencia ao inverno). 
Entre as obras que como EDLG seleccionamos atópanse:






 "Camiño do bosque en inverno" de Christian Rohlf




 "Campo nevado con grada" de Vincent Van Gogh.



"Castagni a louveciennes" de Camille Pissarro 





"Cazadores na neve" de Pieter Bruegel






"Davos en inverno" de Ernst Ludwig Kirchner




"Desxeo en Egersburg" de Edvar Munch






"Xardín na neve" de Paul Gauguin




"Lichtgestöber" de Camille Pissarro



 "Inverno pouco antes do mediodía" de Paul Klee





Unha vez realizadas ditas recreacións, farase unha exposición no colexio das mesmas.
A data límite para a súa entrega será o 10 de marzo.