5 dic 2016

Chegou o NADAL

Para celebrar o Nadal no noso colexio, o EDLG mais o de Extraescolares acordamos a realización das seguintes actividades:

1. Exposición de postais de Nadal:  cada neno/a elaborará unha postal en medio folio ou cartolina. Poderanse empregar todo tipo de técnicas e materiais.


2. Confección dunha árbore de Nadal: elaborada con botellas de plástico. Esta actividade proponse dende o equipo de VOZ NATURA, dado que este trimestre se traballa a reciclaxe do plástico.

3. Confección de adornos para a árbore da entrada: serán as aulas de Educación Infantil as encargadas da fabricación de ditos adornos.

4. Decoración das portas das aulas: con deseño relativo ao Nadal.

5. Festival de Nadal: terá lugar os días 20 e 21 de decembro.

Irémosvos ensinando o resultado de cada unha destas actividades.


BO NADAL A TODOS E A TODAS!

23 nov 2016

RECEITAS

En colaboración co Equipo da Biblioteca, propoñemos aos nenos e nenas do centro unha actividade asentada nos principios do noso comedor 6 S (saudable, sensible, solidario, sorrinte, sostible e silencioso): cada aula deberá ELABORAR 3 RECEITAS ao longo do curso escolar (1º plato, 2º plato e sobremesa); unha en cada trimestre:
  • 1º trimestre: 1º plato.
  • 2º trimestre: 2º plato.
  • 3º trimestre: sobremesa.
As receitas serán típicas da zona e levarán como ingredientes produtos da tempada na que nos atopemos.

Ademais, as receitas deberán estar escritas en GALEGO.
Como EDLG revisaremos a súa correcta escritura.

Unha vez elaboradas, o Equipo da Biblioteca creará con elas o "Libro de receitas saudables de Librín".

13 nov 2016

EXPOSICIÓN: "A ARTE NO OUTONO"

Ás mans do EDLG chegaron as obras artísticas que cada aula participante decidiu recrear: 

Educación Infantil:
4º: anaco dunha obra de LEONIV AFREMOV.
5º: "A árbore da vida" de Gustav Klimt.
: "Outono" de Giuseppe Arcimboldo.

Educación Primaria:
2º B: "Outono" de Vincent Van Gogh.
3º A e B: "Dedos de Impronta Impresionista" de Iris Scott.
4º: "Outono" de Giuseppe Arcimboldo.
5º A e B: "A oliveira" de Joaquín Sorolla.
6º: "Os xirasois" de Vincent Van Gogh.

As diferentes obras representadas foron expostas na entrada do colexio, xunto cunha copia da obra orixinal, a súa identificación e o curso ao que pertencen: 




                                        
ACERCÁMONOS...   








  Arriba: anaco dunha  obra de Leoniv Afremov (4º EI).

  Abaixo: "Dedos de Impronta  Impresionista" de Iris Scott (3º A e B).

Panel esquerdo:
Arriba: "Outono" de Giuseppe Arcimboldo (4º EP).
Abaixo"Os xirasois" de Vincent Van Gogh (6º EP).

Panel dereito:
Arriba: "Outono" de Vincent Van Gogh (2º B).
Abaixo: "oliveira" de Joaquín Sorolla (5º A e B).






Arriba:  "Outono" de Giuseppe Arcimboldo (6º EI).

Abaixo: "A árbore da vida" de Gustav Klimt (5º EI).









No seguinte vídeo poderedes contemplar con máis detalle as obras recreadas. Botádelle unha ollada!

11 nov 2016

O MAGOSTO NA NOSA ESCOLA!

O día 10 de novembro festexamos o MAGOSTO no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez
No comedor escolar, nenos/as e mestres/as gozamos dunha comida típica desta celebración: bolos preñados e castañas.
Posteriormente, acudimos ao patio do colexio, onde se fixo unha fogueira


Tamén asamos unhas castañas. Mirade!



Finalmente, os alumnos/as aproveitaron para pintar cun tizón a todos os que puideron! 
Pasárono moi ben!

Deixámosvos aquí uns vídeos relativos ao MAGOSTO (que ademais foron traballados nas aulas polos nenos/as de 1º e 2º de EP): 







25 oct 2016

CONTACONTOS

Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas, o noso centro contou coa presenza do profesor Xosé Carlos Caramés, quen narrou aos nenos e nenas de infantil e 1º de Educación Primaria un conto en galego chamado "O Chacal e o Ourizo", utilizando a técnica do KAMISHIBAI. O conto fíxonos reflexionar sobre a necesidade de eliminar condutas negativas, neste caso, de abuso.




Aos nenos/as gustoulles moito!

20 oct 2016

IV CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

Chegou o SAMAÍN á nosa escola!
Para festexalo, O Equipo de Dinamización da Biblioteca organizou o IV concurso "CONTOS DE MEDO"o alumnado escribirá unha historia terrorífica na que os protagonistas sexan as MASCOTAS DE VOZ NATURA! É dicir, MUNDOMAN e BELLI


Como Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaboremos nesta actividade revisando todos os contos elaborados polos nosos nenos e nenas. 

11 oct 2016

ECOMASCOTAS: gañadores!

E aquí estamos de novo, esta vez para ensinarvos os debuxos e lemas gañadores do concurso"Ecomascotas"!



"DÁLLE CARIÑO AOS ANIMALIÑOS"

AINHOA - 6º de Educación Infantil.




"COIDAMOS O PLANETA PORQUE NOS PETA"

AISSATOU - 5º de Educación Primaria.

PARABÉNS!


MUNDOMAN BELLI  (así é como decidimos chamarlles) quixeron saír dos debuxos para convertirse en bonecos. Agora, o Equipo de Dinamización da Biblioteca encomendoulles unha importante tarefa: visitar a través dunhas "mochilas viaxeiras" os fogares dos nosos nenos e nenas levando aos mesmos unha serie de "ecoconsellos" nun pendrive así como unha revista e un libro relacionados co coidado do medio ambiente. 

7 oct 2016

EXPOSICIÓN: "A ARTE NO OUTONO"

Cada curso representará mediante distintas técnicas unha obra de arte relacionada co outono nunha cartolina ou folio A3. Dende o EDLG suxerimos algunhas delas, aínda que tamén se poderán escoller outras relativas a esta estación. Tras a recreación das obras, realizaremos unha exposición no colexio das mesmas.
O obxectivo desta actividade é mergullarnos na temática do outono ao mesmo tempo que se produce un achegamento a este campo artístico.

A continuación mostrámosvos algunhas das obras propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega:


- "Nenos comendo uvas e melón"  de Bartolomé Murillo.

- "Os xirasois" de Vincent Van Gogh.
- "Retrato de Rodolfo II en traxe de Vertumno" de Giuseppe Arcimboldo. 
- "O outono" de Giuseppe Arcimboldo.
- "Bodegón" de Giuseppe Arcimboldo.
- "A árbore da vida" de Gustav Klimt. 

3 oct 2016

Ecomascotas!

Co obxectivo de concienciar ao alumnado do noso centro sobre o coidado do medio ambiente, propuxemos ao mesmo a creación individual dunha "ecomascota"; isto é, un debuxo e un lema relacionados co desenvolvemento de prácticas sostibles.
Na seguinte presentación podedes observar algúns dos debuxos elaborados polos nosos alumnos/as: 


Das "ecomascotas" deseñadas o EDLG elixirá dúas delas: unha en representación da etapa infantil e outra da etapa primaria. En breves mostrarémosvos cales son!

Ademais, as "ecomascotas" realizadas serán expostas en diferentes recunchos do noso centro. Por agora, mirade como van adornando os corredores do colexio!





Tamén colocaremos un "taboleiro verde" no que se irán colgando actividades, accións e decisións relativas ao coidado da natureza.

1 oct 2016

DEZ PASOS PARA REVITALIZARMOS O GALEGO

Facemonos aquí eco dunha campaña promovida, xa fai uns meses, pola Mesa Pola Normalización Lingüística  a que nos sumamos.
Nela promoven dez pasos "para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos"
"Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego"                 
(Mesa Pola Normalización Lingüística)

(Premede na imaxe para acceder á web da Mesa)

Tamén podedes ver estes pasos no seguinte video: