30 nov 2015

 

Dende o noso colexio lembramos a Xosé Neira Vilas.

Pai da novela galega social e popular comtemporánea. (PREME A IMAXE)


https://es.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas


Na semana pasada, o día  27 de novembro todos os xornais informaban da triste nova; falecía na súa casa de Gres o escritor Xosé Neira Vilas, autor, entre outras moitas obras, do primeiro "best-seller" galego "Memorias dun neno labrego".
Esta obra considérase o inicio da literatura infantil e xuvenil en galego e ademáis de ser libro galego máis lido, máis veces editado é tamén dos máis traducidos en todo o mundo. 


Ademais de " Memorias dun neno Labrego", do que todo o mundo esta a falar por ser o máis coñecido do autor, escribiu outros moitos. Entre eles que, para min, non desmerece en nada o anterior: un libriño curto, con capítulos moi breves adicado a súa nai e no que se poden ver tódalas nais galegas. O seu título é " NAI".
Outro libro que tamén recomendamos e que nos toca cerca pola nosa profesión é "QUERIDO TOMÁS". É un monólogo dunha mestra nunha escola unitaria e tomás é un mozo que tivo na adolescencia e que tivo que emigrar. O libro fala da emigración, da crise do mundo rural, do ensino galego...





    


 

9 nov 2015

 

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2015

É un pracer para nós poder adicar unha nova entrada do blogue a tan expléndida noticia.  Os nosos parabèns a Ledicia Costas. 







 
Como ela mesma di: "o Premio Nacional é un recoñecemento á súa obra, pero tamén é un premio á literatura galega, nunha lingua minorizada como a nosa, que se abre paso".

 

SEGUIMOS CON MÚSICA PARA O MAGOSTO...

 

"O RAP DA LINGUA". GRUPO MIGALLAS 

Encántanosss!! En galego... XA SI!!!

 


  "O RAP DO MAGOSTO"

 

"TRES CASTAÑAS POLO CHAN" cantada por SUSA HERRERA. (Ideal para os mais pequerrechos do colexio).



6 nov 2015


MAGOSTO,  CELEBRACIÓNS POPULARES, FESTAS COMO

SAMAÍN, ENTROIDO, E NADAL CON ‘BRINCA VAI!’


Dende o Blogue da Lingua Galega queremos informar que xa esta na Biblioteca a dispisición de todos o Libro BRINCA VAI!!! 
(Paco Nogueiras).


"Brinca Vai!", novo libro-cd-dvd (KALANDRAKA).


Brinca Vai!” é un novo libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións desta publicación, que se completa cos videos dirixidos por Sr.Sagüillo, nos que colaborou o alumnado de varios centros escolares. “Brinca Vai!” proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Ademais, inclúe propostas de participación nas aulas e mais no fogar, que se recollerán na web www.brincavai.com, onde tamén se ofrecerán contidos extra.

A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluidos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
[Seguen a continuación fragmentos de audio das cancións. Pica nas ligazóns]
BRINCA VAI!
NO SAMAÍN
RAP DO MAGOSTO
COS PÉS NA TERRA
O APALPADOR
APERTAS QUE VOAN
O ENTROIDO MOVE O CORPO
A PALABRA TEN VIDA
NUN LIBRO…
AUGAS QUE VEÑEN E VAN
PORQUE VÉN O VERÁN
MEU O MUNDO É!

Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.





 

Dende o blogue de Dinamización da Lingua Galega facilitamos ENDEREZOS DE INTERESE.

 



TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO


GalApps son unha suite de aplicacións de lingua galega para móbiles.




Concretamente, as ferramentas son: ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGaleto, todas elas integradas na suite GalApps, Toda a Lingua Galega no teu Peto. Permiten conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Deste modo, a nosa lingua é a primeira en dispor dun feixe específico de aplicacións para as dúas plataformas móbiles.

Os autores son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta

As aplicacións pódense descargar gratuitamente na AppStore de Apple e no AndroidMarket.



EU FALO GALEGO PORQUE...


 

CONTÁXIATE ..

Vídeos de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco que mediante os recursos da linguaxe publicitaria promoven o emprego da lingua galega entre a xente moza. 

 

VIDEOPOEMA "EN GALEGO"

Fermoso videopoema de Miguel Ángel Alonso Diz 



5 nov 2015

 

ACHÉGASE O MAGOSTO 

 


Novembro é o mes dos magostos. E como non, no colexio dispoñémonos a celebrar o noso por todo o alto: lume, castañas, chourizos, caras tisnadas e xogos populares... Que ben o imos pasar!
Pero como non todo non vai ser festa, a continuación déixovos uns enlaces atopados na web para traballar na clase en torno a esta festa .



    http://centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/arquivos/magosto/a_festa_do_magosto.pdf
  • O CASTIÑEIRO.
  • A CASTAÑA.
  • VARIEDADES DE CASTAÑAS SEGUNDO AS ETAPAS POLAS QUE PASA.
  • VARIEDADES SEGUNDO O TAMAÑO, A COR E O SABOR.
  • REFRÁNS SOBRE A CASTAÑA.
  • ADIVIÑAS.
  • EXPRESIÓNS COTIÁS.
  • CASTIÑEIROS FAMOSOS.
  • ACTIVIDADES. 


 Premede nas imaxes. Atoparedes gran variedade de material para traballar na aula sobre o MAGOSTO


TEXTOS MAGOSTO 2015MAGOSTO 2015




 Aquí outro enlace moi interesante sobre o MAGOSTO. (Preme na imaxe):
    http://www.netvibes.com/magosto#Froitos_Cogomelos_e_Culinaria
  • O Magosto na escola. 
  • Celebramos o magosto.
  • A Castañeira.
  • Actividades.
  • Contos.
  • Castañas. 
  • Froitos Cogomelos e Culinaria. 
  • Outras culturas.
  • Vocabulario. 
  • Peóns ao camiño. 


Dende o IES AS LAGOAS de Ourense, chéganos esta completísima presentación: costumes, refráns, adiviñas, cantigas, poemas, gastronomía... (preme a imaxe)



TEMPO DE MAGOSTOS