19 nov 2015
DÍA UNIVERSAL DO NENO. 20 de Novembro
«O único que todos os nenos teñen en común son os seus dereitos. Todo neno ten dereito a sobrevivir e prosperar, a recibir unha educación, a non ser obxecto de violencia e abusos, a participar e ser escoitado.»
Aqui vos deixamos unha recopilacion de recursos para traballar
OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS. (preme a imaxe)
9 nov 2015
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2015
É un pracer para nós poder adicar unha nova entrada do blogue a tan expléndida noticia. Os nosos parabèns a Ledicia Costas.
Contentísimos de que Ledicia Costas gañase o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Como ela mesma di: "o Premio Nacional é un recoñecemento á súa obra,
pero tamén é un premio á literatura galega, nunha lingua minorizada como
a nosa, que se abre paso".
6 nov 2015
MAGOSTO, CELEBRACIÓNS POPULARES, FESTAS COMO
SAMAÍN, ENTROIDO, E NADAL CON ‘BRINCA VAI!’
Dende o Blogue da Lingua Galega queremos informar que xa esta na Biblioteca a dispisición de todos o Libro BRINCA VAI!!!
(Paco Nogueiras).
‘BRINCA VAI!’, NOVO LIBRO-CD-DVD
“Brinca Vai!” é un novo libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións desta publicación, que se completa cos videos dirixidos por Sr.Sagüillo, nos que colaborou o alumnado de varios centros escolares. “Brinca Vai!” proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Ademais, inclúe propostas de participación nas aulas e mais no fogar, que se recollerán na web www.brincavai.com, onde tamén se ofrecerán contidos extra.
A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluidos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
[Seguen a continuación fragmentos de audio das cancións. Pica nas ligazóns]
BRINCA VAI!
NO SAMAÍN
RAP DO MAGOSTO
COS PÉS NA TERRA
O APALPADOR
APERTAS QUE VOAN
O ENTROIDO MOVE O CORPO
A PALABRA TEN VIDA
NUN LIBRO…
AUGAS QUE VEÑEN E VAN
PORQUE VÉN O VERÁN
MEU O MUNDO É!
Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.
Dende o blogue de Dinamización da Lingua Galega facilitamos ENDEREZOS DE INTERESE.
DICIONARIO GALEGO-INGLÉS
DICIONARIO RAG
DICIONARIO DIGALEGO
VOLGA (VOCABULARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA)
DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA
NOMENCLATOR DE GALICIA
ORTOGAL. CORRECTOR DE GALEGO
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA
TRADUTOR DA XUNTA
ENSINO EN GALEGO
GALICIA ENCANTADA
GALICIA ESPALLADA
SON DE POETAS
RECURSOS DE GALEGO PARA DOCENTES
GALEGO.ORG
GALIPEDIA
MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO
GalApps son unha suite de aplicacións de lingua galega para móbiles.
Concretamente, as ferramentas son: ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGaleto, todas elas integradas na suite GalApps, Toda a Lingua Galega no teu Peto. Permiten conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Deste modo, a nosa lingua é a primeira en dispor dun feixe específico de aplicacións para as dúas plataformas móbiles.
Os autores son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta
As aplicacións pódense descargar gratuitamente na AppStore de Apple e no AndroidMarket.
CONTÁXIATE ..
Vídeos de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco que mediante os recursos da linguaxe publicitaria promoven o emprego da lingua galega entre a xente moza.
5 nov 2015
ACHÉGASE O MAGOSTO
Novembro é o mes dos magostos. E como non, no colexio dispoñémonos a celebrar o noso por todo o alto: lume, castañas, chourizos, caras tisnadas e xogos populares... Que ben o imos pasar!
Pero
como non todo non vai ser festa, a continuación déixovos uns enlaces atopados na web para traballar na clase en torno a esta festa .
- O CASTIÑEIRO.
- A CASTAÑA.
- VARIEDADES DE CASTAÑAS SEGUNDO AS ETAPAS POLAS QUE PASA.
- VARIEDADES SEGUNDO O TAMAÑO, A COR E O SABOR.
- REFRÁNS SOBRE A CASTAÑA.
- ADIVIÑAS.
- EXPRESIÓNS COTIÁS.
- CASTIÑEIROS FAMOSOS.
- ACTIVIDADES.
Premede nas imaxes. Atoparedes gran variedade de material para traballar na aula sobre o MAGOSTO
Aquí outro enlace moi interesante sobre o MAGOSTO. (Preme na imaxe):
- O Magosto na escola.
- Celebramos o magosto.
- A Castañeira.
- Actividades.
- Contos.
- Castañas.
- Froitos Cogomelos e Culinaria.
- Outras culturas.
- Vocabulario.
- Peóns ao camiño.
Dende o IES AS LAGOAS de Ourense, chéganos esta completísima presentación: costumes, refráns, adiviñas, cantigas, poemas, gastronomía... (preme a imaxe)
29 oct 2015
O noso colexio vistese de Samaín
Despois das dúas entradas anteriormente expostas sobre a orixe, historia e recursos para traballar o Samaín imos agora a prestar especial atención ó noso alumnado.
Ao longo destes días ademais de traballar o outono dedicamos unha parte do tempo á celebración do Samaín.Os alumnos maiores traballan unidades didáticas, cancións, videos.. e coa ilusión de todos e o esforzo do profesorado os nosos corredores, biblioteca e clases xa están decorados para recibir o ansiado día. Cabazas, esqueletes, arañas, monstros, morcegos e bruxas transmiten o TERRORRRRRR propio desta festividade.
CLASE DE INFANTIL DE 3 ANOS
![]() | ||||||
| PUMPKIN |
Imos agora cos mais pequerrechos do colexio. Os Alumnos da clase de tres anos xa teñen mascota nova. Chamase PUMPKIN¡¡ AQUI ESTÁ¡¡
Escoitan e aprenden contos coa súa nova mascota e traballan as emocións.

Agora toca pintar cabazas e fantasmas...
Estes pequerrechos fixeron os seus propios monstros con gomets para decorar os corredores do colexio.
CLASE DE INFANTIL DE 4 ANOS
Os nosos alumnos de infantil de 4 anos non paran de traballar co cal agora toca tamén divertirse coa celebración de Samaín. Decoran as súas clases con arañas..ademais fixeron morcegos que METEN MEDO...¡¡


CLASE DE INFANTIL DE 5 ANOS
Agora
vamos cos maiores de Educación Infantil. Os alumnos de cinco anos xa
dan arrepío nada mais acercase á porta da clase...brrrrrr...
Estes cativos decoran a súa aula con máscaras de bruxas e como manualidade de Samaín mirade que preciosas deixaron estas pedriñas, agora convertidas en pequenos mostros...
DENDE O BLOGUE DE GALEGO EN NOME DE TODO O PROFESORADO DO CENTRO DESEXÁMOSVOS UNHA FELIZ FESTA DE SAMAÍN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














