28 oct 2015


CONTA ATRÁS PARA SAMAÍN...


Xa falta pouquísimo  para que chegue o tan esperado Samaín. Pero moitos vos preguntaredes .... QUE É ISO DO SAMAÍN? Saberemos máis desta antiga tradicción galega ...

 

 


SAMAÍN (Vieros da Escola)

palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.



O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.




MÁIS SOBRE SAMAÍN...

ORIXE DA FESTA      (C.E.I.P. de Palmeira)

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:



1 Febreiro en honra a de idade Imbole.
1 Maio en honra a de idade Beltain.    
1 Agosto en honra a de idade Lungh.
1 Novembro en honra a de idade Samaín.  



O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.


A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

23 oct 2015

FROITOS DO OUTONO

Seguimos co desenvolvemento da actividade II EXPOSICIÓN “Froitos do outono”.

 

 





En primeiro lugar queremos agradecer a gran colaboración por parte das familias e sobre todo o entusiasmo do alumnado para poder levar a cabo a actividade con tanto éxito. A día de hoxe non paran de chegar ao centro cestas e caixas repletas de castañas, noces, piñas, abelás, millo, cabazas, uvas, cogomelos, mazás...todas elas presentadas con moito gusto. Dende o blogue de Galego dicir que estamos encantados coa vosa partipación.

Recordamos que unha vez finalizada a exposión serán outorgaremos diplomas ao froito máis rechamante, ao máis pequeno/grande, ao máis orixinal, á cesta máis variada...
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da exposición de froitos de outono. 

     Mirade que bonitas quedaron!!!



16 oct 2015


Dende o Equipo de Normalización da Lingua en colaboración con todo o profesorado do centro puxemos en marcha a actividade:

 

I I EXPOSICIÓN “Froitos do outono”: ao longo destes días de outubro solicitamos a colaboración das familias para recoller e traer froitos do outono, secos e carnosos, para facer unha exposición na entrada da escola. Os mais pequenos recolleron froitos e follas nos arredores da escola. Para incentivar os rapaces e implicar as familias outorgaremos diplomas ao froito máis rechamante, ao máis pequeno/grande, á cesta mais variada...O éxito está sendo tal que nos xuntamos cunha gran variedade de produtos, algúns descoñecidos para eles, os que etiquetamos en galego, para ampliar vocabulario.

Esta actividade estanos a dar moito xogo para reforzar a lingua, non só ampliaron vocabulario de froitos e  árbores, tamén de animais que fixeron con distintos modelos de follas. Coa unidade de Outono traballaran refráns, cancións e adiviñas onde poñen de manifesto os beneficios do seu consumo, as diferentes formas de consumilos e receitas variadas cos mesmos.

 Panfleto informativo enviado para casa os Pais e Nais do Ceip Albino Núñez.

 



O OUTONO XA ESTÁ AQUI !!! 

Os nenos e nenas do CEIP Albino Núñez xa estamos metidos de cheo no estudo do outono.


"O outono chegou, marrón e amarelo,
o Outono chegou e follas secas nos deixou"

4 oct 2015



O debuxante galego Xosė Lois González presentanos un pouco de humor sobre a Lingua Galega a través do personaxe o Carrabouxo.










Comezamos o novo curso escolar

Dende o Equipo de Dinaminazación da Lingua Galega desexàmosvos que sexa un curso estupendo e que aprendamos moitas cousas novas !!!!!!!!



17 may 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Para rematar a semana adicada á nosa lingua, fixemos o venres, 15 de maio, un pequeno festival no centro coa participación de todo o alumnado. Cada grupo de alumnos/as recitou ou cantou  algunha cantiga: algunhas de tipo popular, outras de autores galegos coñecidos, outras máis modernas ... Un pouco de todo para homenaxear á nosa lingua e compartir entre todos unha xornada festeira. 




20 abr 2015

LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO,  DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Resultado de imagen de FILGUEIRA VALVERDE


Este ano, oautor  homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE (1906 - 1996).
Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns con actividades sobre a vida e obra  deste escritor.


A Coordinadora ENDL  oferta, coma outros anos, unha páxina con moito material, ligazóns e actividades

 http://coordinadoraendl.org/letras2015/index.html





 O Seminario Galán preséntanos as súas clásicas unidades en pdf para a súa fácil impresión:

 Pdf da unidade didáctica para Infantil
Pdf da unidade didáctica para 1º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 2º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 3º Ciclo
                                                                                   


e actividades EDILIM:   
                            
Actividades EDILIM infantil

 Actividades EDILIM (1º e 2º de Primaria)

 Actividades EDILIM (3º e 4º de Primaria)

Actividades EDILIM (5º e 6º de Primaria)