23 oct 2015

FROITOS DO OUTONO

Seguimos co desenvolvemento da actividade II EXPOSICIÓN “Froitos do outono”.

 

 





En primeiro lugar queremos agradecer a gran colaboración por parte das familias e sobre todo o entusiasmo do alumnado para poder levar a cabo a actividade con tanto éxito. A día de hoxe non paran de chegar ao centro cestas e caixas repletas de castañas, noces, piñas, abelás, millo, cabazas, uvas, cogomelos, mazás...todas elas presentadas con moito gusto. Dende o blogue de Galego dicir que estamos encantados coa vosa partipación.

Recordamos que unha vez finalizada a exposión serán outorgaremos diplomas ao froito máis rechamante, ao máis pequeno/grande, ao máis orixinal, á cesta máis variada...
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da exposición de froitos de outono. 

     Mirade que bonitas quedaron!!!



16 oct 2015


Dende o Equipo de Normalización da Lingua en colaboración con todo o profesorado do centro puxemos en marcha a actividade:

 

I I EXPOSICIÓN “Froitos do outono”: ao longo destes días de outubro solicitamos a colaboración das familias para recoller e traer froitos do outono, secos e carnosos, para facer unha exposición na entrada da escola. Os mais pequenos recolleron froitos e follas nos arredores da escola. Para incentivar os rapaces e implicar as familias outorgaremos diplomas ao froito máis rechamante, ao máis pequeno/grande, á cesta mais variada...O éxito está sendo tal que nos xuntamos cunha gran variedade de produtos, algúns descoñecidos para eles, os que etiquetamos en galego, para ampliar vocabulario.

Esta actividade estanos a dar moito xogo para reforzar a lingua, non só ampliaron vocabulario de froitos e  árbores, tamén de animais que fixeron con distintos modelos de follas. Coa unidade de Outono traballaran refráns, cancións e adiviñas onde poñen de manifesto os beneficios do seu consumo, as diferentes formas de consumilos e receitas variadas cos mesmos.

 Panfleto informativo enviado para casa os Pais e Nais do Ceip Albino Núñez.

 



O OUTONO XA ESTÁ AQUI !!! 

Os nenos e nenas do CEIP Albino Núñez xa estamos metidos de cheo no estudo do outono.


"O outono chegou, marrón e amarelo,
o Outono chegou e follas secas nos deixou"

4 oct 2015



O debuxante galego Xosė Lois González presentanos un pouco de humor sobre a Lingua Galega a través do personaxe o Carrabouxo.










Comezamos o novo curso escolar

Dende o Equipo de Dinaminazación da Lingua Galega desexàmosvos que sexa un curso estupendo e que aprendamos moitas cousas novas !!!!!!!!



17 may 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Para rematar a semana adicada á nosa lingua, fixemos o venres, 15 de maio, un pequeno festival no centro coa participación de todo o alumnado. Cada grupo de alumnos/as recitou ou cantou  algunha cantiga: algunhas de tipo popular, outras de autores galegos coñecidos, outras máis modernas ... Un pouco de todo para homenaxear á nosa lingua e compartir entre todos unha xornada festeira. 




20 abr 2015

LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO,  DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Resultado de imagen de FILGUEIRA VALVERDE


Este ano, oautor  homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE (1906 - 1996).
Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns con actividades sobre a vida e obra  deste escritor.


A Coordinadora ENDL  oferta, coma outros anos, unha páxina con moito material, ligazóns e actividades

 http://coordinadoraendl.org/letras2015/index.html





 O Seminario Galán preséntanos as súas clásicas unidades en pdf para a súa fácil impresión:

 Pdf da unidade didáctica para Infantil
Pdf da unidade didáctica para 1º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 2º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 3º Ciclo
                                                                                   


e actividades EDILIM:   
                            
Actividades EDILIM infantil

 Actividades EDILIM (1º e 2º de Primaria)

 Actividades EDILIM (3º e 4º de Primaria)

Actividades EDILIM (5º e 6º de Primaria)

11 feb 2015

Entroido cos Bolechas

http://osbolechas.com/o-entroido/entroido.pdf


          
          OS BOLECHAS


     ( Unidade didáctica sobre o Entroido)

10 feb 2015

ENTROIDO


ENTROIDO

É incrible, aínda comiamos o turrón onte, e xa estamos no Entroido!!!

O Meco xa anda a argallar as súas ordes, pero mentres podemos saber máis do Entroido, disfraces das distintas zonas de Ourense, manualidades, máscaras, receitas... picando na foto:

http://coordinadoraendl.org/entroido/ant3.php



O Entroido é unha das festas tradicionais máis antigas que se celebra en moitos lugares de Europa. Na nosa terra temos un dos entroidos máis importantes de España do que aínda hoxe se descoñecen as súas orixes, con características particulares, con gastronomía, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas poboacións.

 





Con estas actividades aprenderás moitas cousas sobre o entroido en Galicia e descubrirás os costumes e tradicións que envolven esta divertida celebración.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim
http://coordinadoraendl.org/entroido


Os nenos/as de infantil disfrutarán moito co conto : "Entroido na carballeira", logo poderán facer exercicios de comprensión e xogos.

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/p/entroido.html